Skip to Content

                              

blogue deadmin

Restablecemento do servizo de pediatría na comarca de O Carballiño

Segue a loita polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca, por parte da plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño.

Esta vez, a través dun hospital informativo, na Praza Maior do Carballiño, de 11.30 a 13.30 horas, este domingo 25 de febreiro.

 

Hospital informativo

 

Desde a comunidade educativa do CEIP Xuvencos, seguimos apoiando e animando á plataforma na súa entrega e demanda. Por unha sociedade digna! Por unha comarca cun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social!!

 

Na seguinte infografía, poderás ver un resumo de todo o traballo realizado.

 

 

Concentración polo restablecemento da atención pediátrica

Lembramos que a plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño convoca, de novo, unha concentración para hoxe 16 de febreiro ás 18.30 horas na Praza Maior do Carballiño, polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca. 

Neste caso, a esta concentración únense as plataformas de Xinzo e Verín, que están a sufrir igualmente recortes na atención pediátrica.

O servizo de pediatría é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.

Desde a comunidade educativa do CEIP Xuvencos sumámonos á concentración de hoxe e á solicitude de restablecemento deste dereito básico e tan necesario para a nosa comarca.

Desfile do entroido ao pobo de Boborás

 

Estimadas familias, informámosvos do seguinte:

tal e como falamos a semana pasada, dadas as predicións meteorolóxicas para mañá e coa cautela correspondente, mañá venres 16 de febreiro celebraremos o desfile do entroido no pobo de Boborás.

O horario será diferente, pois contamos con menos persoal laboral docente e non docente, polo que reducimos parcialmente a actividade, quedando da seguinte forma:

 

 Cronograma desfile entroido

 

O desfile ao pobo comezará ás 12.50 horas aproximadamente. AS FAMILIAS QUEDADES CONVIDADAS AO DESFILE E ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!!

 

Por motivos de xestión, de organización e de seguridade, pedimos ter en conta os seguintes puntos:

  1. O alumnado debe levar ao cole roupa negra (escura, no seu defecto) para realzar os disfraces de cada curso.
  2. Por organización e seguridade, durante o desfile, as familias deberán situarse ao final do mesmo.
  3. Se algunha familia decide levar antes de tempo a un alumno/-a, deberá comunicalo á titora correspondente (a poder ser, antes das 10.00 horas, para avisar a comedor).
  4. O alumnado/familia poderá levar o disfraz para casa.

 

Con isto, dariamos por finalizado o entroido 2024 no CEIP Xuvencos.

Por precaución, se vemos antes do recreo que as predicións meteorolóxicas empeoran considerablemente, veriamonos obrigad@s a suspender definitivamente o desfile, tendo clases normais durante todo o día. De ser o caso, actualizariamos a información o antes posible.

 

A dirección.

 

 

 

Ilusións ópticas

Para conmemorar o 11F, Día Internacional da Muller e a nena na ciencia o alumnado de cuarto de educación primaria creou os seus propios caleidociclos con catro investigadoras que realizaron valiosas achegas no avance da tecnoloxía óptica: Katherine Blodget, María Goeppert-M, Hedwig Kohn e Donna Strickland.

O caleidociclo é un anel tridimensional articulado que pode virar sobre si mesmo indefinidmente sen romperse nin deformarse, creado por Doris Schattschneider, inspirándose nos patróns de Escher (artista gráfico neerlandés famoso polas súas obras que desafían a percepción dos nosos ollos e exploran ilusións ópticas e xeometrías surrealistas).

MENÚ FEBREIRO

Prema na seguinte LIGAZÓN para visualizar o menú de febreiro.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 24-25

Desde o 16 de xaneiro, e ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Manuel Chamoso Lamas. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

ANEXO I, debidamente cumprimentado. Ou ben en liña accedendo a este enlace a través da sede electrónica : https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES Manuel Chamoso Lamas antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo.

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

MOBILIZACIÓN POLO RESTABLECEMENTO DO SERVIZO DE PEDIATRÍA EN O CARBALLIÑO

 

A plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño, convoca de novo unha mobilización, "cacerolada" incluída, o vindeiro domingo 14 de xaneiro en O Carballiño, polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca. 

Neste caso, a saída será ás 12.30 horas na Praza do Emigrante (xunto á pista vermella) e rematará no centro de saúde.

 

atención pediátrica é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.

 

A dirección

MENÚ XANEIRO 2024

Prema na seguinte LIGAZÓN para visualizar o menú de xaneiro.

Coreografía de cordas

Na asignatura de Educación Física, o alumnado de 5º e 6º de primaria prepararon unha coreografía usando diferentes elementos como as combas. Esta é a presentación que fixeron o mércores 20 de decembro no colexio ante todos os seus compañeiros e compañeiras. Noraboa polo traballo!!!!

 

 

Chega o Nadal ao Xuvencos....

Noraboa ao equipo de actividades complementarias e en especial a coordinadora Natalia

Distribuir contido


by Dr. Radut