Skip to Content

                              

blogue deadmin

CURTAMETRAXE: "O CASCABEL DA GATA"

Neste curso o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria participaron en Nós tamén creamos! do PROXECTA, co conto "O cascabel da gata", de OQO.

Foi un traballo arduo e moi enriquecedor para todo o alumnado, onde aprendemos moitas cousas sobre fotografía, luces, montaxe, etc.

No seguinte video podedes ver a curtametraxe:

 

E neste video o making off (cómo se fixo):

AXUDA LIBROS E VALES MATERIAL 2023-24

Estimadas familias:

Informamos de que na ORDE do 10 de maio de 2023 foron publicadas as axudas para:

- Participar no fondo solidario de libros de texto en 3o, 4o, de Educación Primaria.

- Adquirir libros de texto en 1o e 2o de Educación Primaria e en Educación Especial.

- Adquirir material escolar en Educación Primaria e Educación Especial.

AQUÍ A INFORMACIÓN

ELABORACIÓN DE XABÓN

O alumnado de 3º de educación primaria elaborou xabón co aceite usado do comedor do colexio, o cal levarán como agasallo o día da familia, 15 de maio.

MENÚ MAIO 2023

Prema na seguinte ligazón para visualizar o menú de maio.

CONVIVENCIA INTERCENTROS

O 25 de abril celebramos unha convivencia con outros centros da comarca (San Amaro, Beariz e Irixo) e organizamos tres talleres de reciclaxe con materiais de refugallo: un ecoplaneta, un instrumento musical e un taller de percusión.

CONVIVENCIA INTERCENTROS

O 25 de abril retomouse a Xornada de Convivencia Intercentros que xa levaba dende o ano 2019 sen realizarse por mor da Covid 19. Os centros convidados (San Amaro, Irixo e Beariz) chegaron ás 10:00 horas e participaron das actividades que estaban organizadas: entrega de chapas personalizadas para todos/as os/as asistentes, realización de xogos e talleres (creación de instrumento con material reciclado, batucada, actividades deportivas, actividades de percusión con Boomwhackers, realización dun mural con tapóns, xogos co paracaídas, xogos con globos...). Asistimos á actuación de Magín Blanco no comedor. Fixemos a canción e a coreografía do “Recicla, recicla” no patio dianteiro do centro. A comida fíxose entre o patio cuberto novo e o patio de infantil e para rematar, fixemos fotos de todos os asistentes no photo call que se elaborou para tal evento. Entre as 15:00 e as 15:30 os colexios convidados marcharon para os seus destinos.

ADMISIÓN PROVISIONAL DE ALUMNADO 23-24

Todas as solicitudes presentadas obteñen praza no noso centro. A listaxe, de todos xeitos estará publicada no interior do centro ou ben, via telemática entrando coa CHAVE365. Antes do 15 de maio sairá a listaxe definitiva.

 

Rubén Diz

O secretario

PLANTACIÓN HORTO

O alumnado de 4º e 5º de E.I.  plantou as súas plantas aromáticas no horto e o alumnado de 6º de E.I. plantou amorodos e tomates no horto.

O alumnado de segundo tamén preparou os seus semilleiros de flores.

 

O alumnado de terceiro pasou os seus semilleiros de flores as xardineiras, ademais de plantar cebolas no horto e encargarse do composteiro.

O alumnado de cuarto fixo os seus sementeiros de flores e plantou nos bancais leituga, cenorias e pementos.

O alumnado de quinto plantou pementos, berenxenas, cabaciñas, sandías e melóns.

MENÚ ABRIL 2023

Prema na seguinte ligazón para visualizar o menú de abril.

PREPARACIÓN DO TERREO

No mes de marzo empezamos a limpar  o horto e a preparalo para que viñeran fresalo.

Este curso volveu o papá de Iria co seu motocultor a fresarnos o horto e así aproveitamos para colocarlle unha tea para que non crezan as malas herbas.

Distribuir contido


by Dr. Radut