Skip to Content

concursos

BASES CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

III CONCURSO LITERARIO MANUEL FABEIRO

Querido alumnado e familia:


Non imos deixar que nos paralice o virus COVID-19 así que dende a nosa biblioteca preséntase o III Concurso de relatos curtos "Manuel Fabeiro Gómez". Dada esta situación excepcional, vémonos na obriga de modificar as bases, aceptando que os relatos dos rapaces/as se realicen dende a  casa e modificando tamén as datas para a presentación.  É unha proposta máis como actividade de expresión escrita que poderemos realizar nestes días na casa. Lembrade: Planifica, redacta, revisa e corrixe cantas veces sexa necesario; pasa a limpo de xeito manuscrito ou impreso e queda listo para presentar cando se reinicien as clases. Non esquezades ler con atención as bases!
Animamos ás familias a que tamén participen cos seus relatos. Todos podemos ser escritores/as por un día!. Incluso podemos plantexalo como unha actividade familiar onde cada un vaia escollendo os seus personaxes, a súa trama e o seu desenlace, poñendo en común as historias máis disparatadas, divertidas ou emotivas. En período de confinamento e aburrimento, deixa renda solta á creatividade!.
Dende a biblioteca queremos mandar unha forte aperta para todos/as e moito ánimo.
"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro" (Emily Dickinson)
E coma sempre, FELICES LECTURAS!!

II CONCURSO DE RELATO CURTO MANUEL FABEIRO GÓMEZ

Distribuir contido


by Dr. Radut