Skip to Content

Os nenos e nenas de Infantil viñeron cantarnos os maios.

Primeiro pasaron un rato estupendo compartindo a elaboración dos adornos co alumnado de 6º que sempre están encantados/as de axudar aos pequenos. Logo, pasaron polas aulas cantándonos os maios e alegrándonos a mañá ao tempo que se continúa con esta bonita tradición da nosa vila.

 



 

Neste vídeo  "A banda da Loba" fai unha particular homenaxe a Luísa Villalta, 

no que se lle adican as Letras Galegas. Non podiamos nin queriamos obviar a cara

máis reivindicativa da escritora, que formou parte do movemento Nunca Máis

ou escribiu posicionándose do lado do pobo palestino nesta guerra que semella

non ter fin. "E o mar" é unha homenaxe ao seu activismo,ao seu compromiso,

á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer.

 

LETRA DE POESÍA  DE LUÍSA VILALTA

 

Tinta do mar, escrebo, cando toca

as escumas da letra e o seu son

obstinado de baixo contra a roca

da man a producí-lo en percusión

 

Oh, oh, oh...

 

Rítmico, o pensamento, o son leve

cai goteando o tempo

ao muíño teimoso que recebe

a água azul-negra da memória quente.

 

E o mar, e o mar, borra o nome escrito o mar.

 

Oh, oh, oh..



Un ano máis animámosvos a participar no concurso de relatos curtos que organizamos dende a nosa biblioteca escolar e lembrade que está aberto á toda a comunidade.

Cóntanolo!



O VINDEIRO MÉRCORES 3 DE ABRIL NO NOSO CENTRO



O martes 5 de marzo de 2024, en horario de 15:30 a 17:30, o noso centro convoca unha xornada de portas abertas para aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man o colexio CEIP RAMÓN DE ARTAZA E MALVÁREZ.

Se estás disposta a vir, por favor, comunícao no teléfono do centro (881867360) ou no correo: cep.ramon.artaza@edu.xunta.gal.

 


        

 



by Dr. Radut