Skip to Content

Estimadas familias:

Infórmase que unha vez finalizado o proceso de solicitude de praza no comedor escolar para o curso 2022/2023 contabilizamos máis solicitudes que prazas, polo que debemos baremar ditas solicitudes.

É preciso que as familias que solicitan por primeira vez o servizo acheguen ao centro a seguinte documentación antes do 22 de xullo:

- Modelo de Autodeclaración da Renda 2021.(Achégase modelo).

- E de ser o caso, certificado indicando a incompatibilidade do horario de traballo dos proxenitores coa saída do seu fillo/a ao mediodía.

 

Atentamente,

A dirección

 

 
   

 

 
   


FONDOLIBROS CURSO 2022/2023

Aberto o prazo para as solicitudes ata o 22 de xuño.

  •  Fondo solidario para libros de texto para 3º, 4º, 5º, 6º.
  •  Axudas para adquirir os libros de texto para 1º e 2º (rentas per cápita non superiores a 10.000€ no exercicio fiscal 2020)
  • Axudas para adquirir o material escolar para toda a primaria (rentas per cápita non superiores a 6.000€ no exercicio fiscal 2020).

Poden presentar as solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ; a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal  ou presencialmente na conserxería do centro de 10.00 a 12.00h.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR EN CASO DE SOLICITUDE PRESENCIAL

Xunto co Anexo I debidamente cumprimentado deberá presentar:

a) Anexo II (comprobación de datos)

b) Copia do libro de familia onde figure o alumno/a e o resto dos membros computables.

En caso de separación: sentenza de divorcio e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do alumno/a.

c) Certificado de discapacidade do alumno ou familiar non expedido pola administración autonómica.

d) Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabiliatada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa de situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Para máis información:   https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_es.html



PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/2023

 

(Alumnado que se matricula por primeira vez no centro)

 

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 ao 21 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da CCEU ou presencialmente no centro en horario de 10.30 a 12.30 horas.

FORMALIZACIÓN DA RESERVA

 Solicitude única segundo o modelo ANEXO II, (en caso de separación dos proxenitores ou que non estean casados, a solicitude irá asinada polos dous).

Xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia, DNI dos proxenitores e do/a neno/a (se o ten).

 

 

 Preme na imaxe para facer un pequeno percorrido polo noso centro.

 


MARTES 15 de febreiro ás 17.00h

Conferencia de COGA (Centro de Optometría Galego) para todas as familias e mestres/as interesados en coñecer máis sobre a visión, os problemas visuais, a súa implicación no rendemento académico e os posibles tratamentos e normas de hixiene visual.

Ainda que o teu fillo/a ou alumno/a non teña enfermidades nos ollos, vexa claro os obxectos de lonxe e non precise usar lentes, pode que teña algún PROBLEMA VISUAL que lle estea afectando á súa lectura, e polo tanto na súa aprendizaxe. Ademais de ver claro, existen outras habilidades visuais que están directamente relacionadas coa aprendizaxe e non son valoradas nos exames visuais ordinarios.

Invitámosvos a que nos acompañedes.



 

 

 

 

 

 



BO NADAL E FELICES FESTAS 2021/2022!

 

"QUE O MAR ESPALLE ALEGRÍA, ILUSIÓN, SAÚDE E PROSPERIDADE EN CADA RECUNCHO DA NOSA COMUNIDADE".

 

 
 

        

 



by Dr. Radut