Skip to Content

No noso centro participamos na elaboración dun calendario artístico e solidario para a Asociación Galega da enfermidade de Dent. Queremos colaborar tamén na súa distribución polo que os calendarios están xa á venda na conserxería do centro ao prezo de 5€.

Os cartos que se recauden irán 100% destinados a unha nova liña de investigación que vai comezar no NefroCHUS (www.nefrochus.com), en Santiago de Compostela e que vai estar financiada pola asociación.

Preme na imaxe para ver o vídeo.



DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL NO CURSO 2021/2022.

Orde do 28 de outubro do 2021

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR).

 

Forma de presentación da solicitude:Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

Prazo:

1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

 
   


REUNIÓNS INICIO CURSO 2021/2022

 

Segundo a Orde do 22 de xullo de 1997 e seguindo o Plan de Adaptación á situación da Covid-19 do centro en cumprimento do Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2021/2022 da CCEU, establécense as reunións iniciais do presente curso de maneira presencial e con entradas graduais:

 

 

MARTES 28 DE SETEMBRO

MARTES 5 DE OUTUBRO

NIVEL

 

HORA

NIVEL

 

HORA

5º nivel E.I.

15:35 h.

2º A E.P.

15:30 h.

6º nivel E.I.

15:45 h.

2º B E.P.

15:45 h.

1º A E.P.

15:30 h.

4º A E.P.

16:00 h.

1º B E.P.

15:45 h.

4º B E.P.

16:15 h.

3º A E.P.

16:00 h.

6º A E.P.

16:30 h.

3º B E.P.

16:15 h.

6º B E.P.

16:45 h.

5º A E.P.

16:30 h.

 

 

5º B E.P.

16:45 h.

 

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONEMENTO ADAPTADAS Á SITUACIÓN COVID-19:

 

  • Respectarase con puntualidade a hora de entrada no centro.

  • Entrarasepola porta principal e accederase directamente á aula da titoría correspondente.

  • Reducirase o fluxo de movementos dentro do edificio.

  • Cumpriranse as medidas sanitarias (uso de máscara - hixiene de mans) e de distancia social de 1,5 m.

 
   


INICIO CURSO 2021/2022  

Estimadas familias:

O equipo docente do CEIP Ramón de Artaza quere darvos a benvida a un novo curso académico que arranca o xoves día 9 de setembro.

Iniciamos este curso coa ilusión renovada, a rehabilitación integral do centro e con algunhas incidencias intrínsecas á execución dunha obra tan grande.

Co esforzo e colaboración de tod@s acadaremos unha volta ás aulas segura e coa maior normalidade posible.

Todas e todos as/os que formamos a comunidade educativa do ARTAZA somos pezas fundamentais na educación das vosas fillas e fillos.

FELIZ CURSO!

 

 

 


        

 



by Dr. Radut