Skip to Content

Celebracións do centro

OS MAIOS NO COLE

Os nenos e nenas de Infantil viñeron cantarnos os maios.

Primeiro pasaron un rato estupendo compartindo a elaboración dos adornos co alumnado de 6º que sempre están encantados/as de axudar aos pequenos. Logo, pasaron polas aulas cantándonos os maios e alegrándonos a mañá ao tempo que se continúa con esta bonita tradición da nosa vila.

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe foi un gran día na nosa biblioteca! Viñeron as chicas do club de lectura do IES Fontexería a recitarnos uns poemas de Rosalía e fixérono de marabilla! Ademais trouxéronnos unha planta moi bonita como agasallo para a nosa biblioteca nova. Moitísimas grazas!!!! Agardamos poder repetir a experiencia en breve.

SEMANA DA CONVIVENCIA 2024

ENTROIDO 2024

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo resumo do desfile e concurso de murgas deste Entroido 2024. A pesares da chuvia, disfrutámolo ao grande!

 

SAMAÍN 2023

Pasámolo de medo celebrando o Samaín! Preme nesta imaxe para poder ver a exposición de cabazas coa luz acendida... Agora atrévete a entrar na escuridade....

Distribuir contido


by Dr. Radut