Reunión familias cos titores do alumnado de ESO

 

O vindeiro mércores 13 de outubro ás 18:00 as familias do alumnado de ESO terán a reunión cos titores do grupo nas respectivas aulas.

As aulas de 1º e 3º de ESO están na planta inferior do edificio de Secundaria e as de 2º e 4º, na superior.

Por cuestións de aforo, recomendamos a asistencia dun representante por alumno/a.

A Dirección.

 

 

Inicio curso ESO 2021/2022

No seguinte enlace pode consultar a información sobre o inicio de curso 2021/2022 na ESO.

Inicio curso ESO

 

Días non lectivos curso 21/22

Na reunión do Consello Escolar do CPI Castro Baxoi do pasado día 8 decidiuse solicitar como días non lectivos para este curso 2021/2022 o 7 de decembro e o 16 de maio.

 

Ademáis destes días, o día 11 de outubro é do día do ensino, polo que non haberá clase.

Reunión familias 1º ESO

 

Estimadas familias de 1º da ESO:

Desde o centro queremos convidarvos a unha reunión que vai ter lugar o próximo luns, 13 de setembro, ás 19:00.

O motivo é presentarvos as principais características da nova etapa educativa que van comezar os vosos fillos e fillas, a ESO (acceso, horarios, organización académica...).

Nesta reunión aínda non poderemos indicarvos como se vai distribuír o alumnado por grupos, nin de quen serán os titores ou titoras, mais confiamos en que a información que tratemos vos sexa de utilidade a vós e aos vosos fillos e fillas.

Saúdos,

A Dirección.

 

 

 

Principais medidas adaptación contexto COVID-19 Curso 2021/22

Prema no seguinte enlace para consultar a información:

Principais medidas de adaptación

 

 

Listaxe material curso 2021/22

Na seguinte enlace pode consultar a listaxe de material para o curso 2021/22.

Listaxe material 21/22.

 

 

A nosa revista DTODO

Pinchando na portada podedes abrir a nosa revista escolar DTODO deste curso escolar 2020/21.

Listas definitivas admitidas e admitidos

Publicadas as listas definitivas de admisión do alumnado que poden ser consultadas no interior do centro educativo.

Non hai variacións respecto das provisionais.

Distribuir contido