Inicio clases Secundaria

O inicio de curso en secundaria adíase ao 23 de setembro. Como estaba previsto, o inicio das clases será escalonado do seguinte xeito:

23 de setembro: 1º e 2º de ESO

24 de setembro: 3º de ESO

25 de setembro: 4º de ESO

Mandaremos a información necesaria para comunicar a forma de entrada e precaucións que hai que tomar.

 

Información importante inicio clases

Prezadas familias:

Mañá comezan as actividades lectivas no noso centro para o alumnado de 4º e 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.

Queremos pedir disculpas por non ter contactado con todas as familias pero a aplicación abalarMóbil non vai actualizar datos ata mañá. As mensaxes que están a chegar é a través da dirección.

Á chegada do alumnado ao centro non haberá problema pois haberá profesorado de abondo para informar aos nenos e indicarlles o camiño para ir ás súas aulas.

Os horarios de paso das distintas rutas pola primeira parada son os seguintes:

LIÑA HORA PASO PRIMEIRA PARADA
RUTA 1. TOLDA - BEMANTES 8:20
RUTA 2 - RIGUEIRA 8:25
RUTA 3 - TRASDOROÑA (RUTA VIADEIRO) 8:15
RUTA 4 - BUIÑA - SAMBOLLO (RUTA PERBES) 8:25
RUTA 5 - PONTE DO PORCO (RUTA BAÑOBRE) 8:40
RUTA 6 - URB. FADESA 8:40

Pola outra banda, os nenos deberán traer asinado á maior brevidade posible a declaración responsable de ter feita a autoenquisa de saúde sobre o COVID antes de vir ao centro.

Grazas pola vosa comprensión e colaboración.

A dirección.

Material do alumnado

Prezadas familias:

Agradecemos a colaboración e a comprensión nestes momentos de tanto traballo para organizar o inicio de curso.

Sabemos da preocupación pois a cantidade de material que teñen que traer é moita para nenos tan pequenos.

As titoras/es organizarán para que o material o traian de forma escalonada.

A forma de conseguir o obxectico é traballar xuntos.

Saúdos.

A dirección.

 

Información sobre o inicio de curso

Prezadas familias:

Estamos a elaborar o plan de adaptación do noso centro ao protocolo establecido pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade, e aínda que non o temos rematado, queremos ir adiantando información do voso interese.

Aproveitamos para lembrar que o inicio das clases será o día 10 de setembro para o alumnado dos cursos 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. O día 11 comezarán o resto de niveis destas dúas etapas educativas.

O alumnado de 1º e 2º de ESO comeza o día 16, os de 3º de ESO o día 17 e o día 18 os de 4º de ESO.

A información sobre o inicio do curso podedes consultala premendo aquí.

Saúdos.

O equipo directivo.

Reunión familias 4º de Educación Infantil

Prezadas familias:

 

Con motivo da adaptación ao protocolo da Consellería de Educación publicado este luns, a reunión prevista coas familias do alumnado que comeza neste curso a Educación Infantil (4º curso) queda aprazada para o vindeiro martes día 8 pola mañá. Será ás 10h para o grupo A e ás 12 para o grupo B.

Proximamente os proxenitores recibirán un correo electrónico informándolles en que grupo-clase quedou asignado o seu fillo ou filla.

A reunión terá lugar no patio cuberto do centro e gardando distancia de seguridade entre cadeiras. Poderá acudir unha soa persoa por cada alumno/a.

Lamentamos as molestias e agradecemos a súa colaboración.

A dirección.

 

 

Publicada as listaxes definitivas fondo de libros

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto. 

 

A consulta dos mesmos poderá facerse de dúas formas:

- Se a solicitude foi telemática, na aplicación.

- Se a solicitude foi presencial, no centro educativo de forma presencial segundo establece a orde que regula o proceso. Non é necesario solicitar cita previa.

NON PODEMOS DAR INFORMACIÓN POR TELÉFONO.

Publicada a listaxe provisional fondo de libros

No día de hoxe, 9 de xullo, publicáronse no interior do edificio as listaxes provisonais de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto.

 

Prazo de reclamacións: dous días, venres e luns.

 

Documentos descargables para presentar no centro

Documentos descargables para presentar no centro:

- Actualización de datos (dende infantil ata 6º de primaria).

- Autorización curso 20/21 (ata 4º de primaria).

- Aurorización curso 20/21 (5º e 6ºde primaria).

Listaxe provisional alumnado admitido curso 2020/21

No día de hoxe, 29 de maio de 2020, publicamos no taboleiro do noso centro a listaxe provisional de alumnado admitido.

 

Prazo de reclamacións: do 1 ao 3 de xuño.

 

No noso centro non foi necesaria a fase de baremo.

Distribuir contido