LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2015-2016

O arquivo adxunto contén o listado do novo alumnado admitido no curso 2015-16.  (Para abrilo, preme en adxunto)

 Contra esta resolución provisional poderase formular reclamación, ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación.

Programa radio

O grupo 2º A creamos este breve programa de radio. Foi posible grazas ás indicacións de Montse, ó entusiasmo de Ros, á colaboración de María Méndez e ó labor de montaxe de Edita.


28.49 MB

Aprender a pensar

A "caixa máxica" chegou ás aulas de 1º de E.P. para axudarnos a pensar mellor. Cada vez que entra na aula, pódeo facer cunha proposta diferente: a través dunha narración, a través dun cadro, a través dun xogo... É unha forma de estimular as habilidades de pensamento.

Ao comenzo do presente curso, explicamos ás familias a importancia de facer Filosofía cos nosos alumnos e alumnas.

Se vedes a entrevista con Angélica Sátiro, ao mellor comprenderedes a importancia de traballar deste xeito.

 

 

 

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (INGLÉS)

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES

 ANO 2015

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Con data de 26 de maio publicáronse as listaxes definitivas do alumnado seleccionado e suplente (Anexo I) das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 16/03/2015), así como a listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación (Anexo II).

 

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)

Dende o 27 de xuño ao 5 de maio poderanse presentar alegacións e efectuar reclamacións.

 

Os animais

Grazas ao conserxe do noso Centro tivemos a oportunidade de coñecer,de primeira man,algúns animais:ovíparos e vivíparos.

                

Descubrimos que as galiñas necesitan incubar os seus ovos 21 días para que nazcan os poliños.

Tivemos a sorte de ver un año que acababa de nacer.Os años nacen directamente da barriga da súa nai,por iso son vivíparos.

Coñecimos unha égua e ao seu fillo,que xa é tan grande coma a nai!

En fin,foi toda unha aventura na que aprendimos unha chea de cousas sobre os animais domésticos.

Grazas,Juan,pola túa paciencia e amabilidade!!!

 

ALUMNADO DE 4º DA ESO NA CORUÑA

 O pasado mércores 25 de Febreiro, o alumnado de 4º da ESO, acompañado por María e Begoña, tivo unha mañá do máis interesante na Coruña.

Primeiro acudiron á Cociña Económica para entregar os alimentos que días antes mercaran co recadado no mercado solidario deste Nadal. Unha iniciativa que xa é un costume no noso centro. Parabéns para todos!!!

 

 

 

Despois, visitaron a exposición da que todo o mundo fala, O PRIMEIRO PICASSO, no Museo de Belas Artes. Para entender mellor o que significou no xenial pintor o seu paso pola Coruña, fixeron un percorrido polos lugares que foron algo para el: a Rúa Real, onde fixo a súa primeira exposición, os xardíns polos que paseaba, o colexio Eusebio da Garda, onde estudou... e, como non, a súa casa, onde tamén tiveron tempo para un xogo do máis artístico... do máis interesante...

 

CPI CASTRO BAXOI. ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2015-16.

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN 2015-2016

Orde do 12 de Marzo de 2013 que regula o proceso de admisión de alumnado.

 http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2015/01/28/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

 

Anexo II: formulario de solicitude de admisión (debe acompañarse coa fotocopia do DNI do alumno ou, no seu defecto, fotocopia do libro de familia)

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2015/01/28/anexoiig.pdf

 

IMPORTANTE:

 1.- Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento disto supoñerá a perda de dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2.- O alumno que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3.- O alumno que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Concerto de NARF para o 3º ciclo de primaria

O artista Fran Pérez NARF, unha das voces máis respectadas do rock en galego, dará un concerto no noso centro para o alumnado de 3º ciclo de primaria o vindeiro luns 2 de Marzo.

NARF é un dos artistas galegos máis internacionais. A súa aposta pola canción en galego e os esforzos por situala na corrente da Lusofonía lévano a percorrer máis dunha ducia de países para tocar con artistas de todo o mundo. Cómpre sinalar a súa especial relación con Africa, presente en toda a súa música, pero moi especialmente en proxectos coma Bumba e Aló Irmao, un disco co que acadou o número un de vendas no continente Africano.

Outra dimensión do universo de NARF vén dada pola súa relación coa obra de Rosalía de Castro, da que ten musicado numerosos poemas de xeito novidoso a través do rock.

Nun concerto moi persoal e íntimo para este público tan especial, NARF proponnos unha viaxe musical partindo da lingua e a cultura galegas que nos abre o camiño para coñecermos as culturas máis exóticas de Africa ou do Brasil.

 

 

Comida saudable co 1º ciclo de EP

Aí vos deixamos unha mostra do que foi o obradoiro sobre comida saudable organizado para os alumnos e alumnas de 1º ciclo de primaria e no que aprenderon cousas moi interesantes sobre como elaborar menús saudables.

   

ENTROIDO

No CPI Castro Baxoi celebramos o Entroido o pasado 13 de febreiro. Coma sempre, colaboramos co proxecto de Biblioteca do noso Centro, este ano dedicado ao século XVIII.

  

O alumnado e as mestras de 1º E.P. transformáronse en MOZART. Temos que agradecer ás familias a súa participación e a súa implicación á hora de elaborar os disfraces.

Foi moi divertido!!!!!!

Distribuir contido