Os inventores do Renacemento e o Barroco

Un ano máis, o alumnado de 1º Ciclo de E.P. quere colaborar co proxecto de Biblioteca do noso Centro. Este curso estamos a traballar o Renacemento e o Barroco.

 

                           

No Festival de Nadal interpretamos sendas obras teatrais sobre os inventores e descubrimentos desta época da nosa Historia.Esta será tamén a nosa temática de cara ao Entroido.

 

                            

Celebramos o Magosto

O venres pasado, día 8 de novembro, celebramos o Magosto. Xogos tradicionais, castañas, doces... Todo o preciso para pasalo ben cos compañeiros e amigos.

A nosa marmelada de mazá

Na primeira semana do mes de novembro, o alumnado de 2º de E. P. elaborou unha saborosa marmelada de mazá.

 

         

 

Como podedes comprobar... cociñar é moi divertido!

Ademais, aprendemos unha chea de cousas: autonomía, colaboración, coñecemento do medio...

Ao día seguinte puidemos saborear a nosa marmelada con pan e manteiga. O certo é que non lle gustou a todo o mundo por igual, pero todos e todas comeron a súa porción.

 

   

Inmersión lingüística de outono

2013-14

Un grupo de alumnos de 6º de Educación Primaria deste CPI están participando nun programa de inmersión lingüística no Centro YMCA de Priego (Cuenca). Saíron o día 20 e volverán o día 26.

Departamento de Música

Curso 2012-13

Cousas que facemos...

O alumnado de 4º de ESO representou a obra "El profesor desinflado"

 

Os nenos e nenas de infantil no certame "Nós tamén creamos"!

Esta é a curtametraxe animada coa que os máis peques do noso centro, os nenos e nenas de 4 anos, participan no certame "Nós tamén creamos" da RTVGA.

Aquí poderedes ver a nosa curtametraxe de animación baseada no conto Pilú Pilú! da editorial OQO. 

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/cpi-castro-baxoi-pilu-pilu

 

Aquí estamos mans á obra elaborando o decorado.

Rebumbio matemático (01/xuño/2013)

Parabéns!

O equipo Os + positivos deste Centro, formado polos alumnos de 6º curso de Educación Primaria, Samuel Blanco, Carla Daniela Faraldo e Andrea López, participaron na fase final do XIII Rebumbio matemático que se celebrou, o día 31 de maio, no Forum Metropolitano (A Coruña).

Nesta final participaron 15 equipos procedentes de toda Galicia que se clasificaron nas fases previas do Rebumbio.

O Rebumbio matemático está organizado por AGAPEMA, a asociación galega de profesores de matemáticas.

Rebumbio matemático

O equipo Os + positivos deste Centro clasificouse para a fase final do XIII Rebumbio matemático.

A fase final terá lugar no Forum Metropolitano (A Coruña) o próximo 31 de maio.

Parabéns a Samuel Blanco, Carla Daniela Faraldo e Andrea López. Todos eles son alumnos de 6º curso de Educación Primaria.

MUSICA PARA PETOS

O pasado 29 de abril, o alumnado do 1º Ciclo de E.P. participou nun obradoiro musical con instrumentos miudos a cargo do intérprete Mauro Sanín.

A sesión consisitiu en demostrar que con instrumentos ben pequeniños, que caben nun bolso, nun peto e que se poden levar a calquera lugar, todos podemos ser músicos e aproveitar momentos libres para combatir o aburrimento.

Os instrumentos que nos ensinou foron moi variados:

-Instrumentos que nun principio non son instrumentos:cunchas,gadoupas,culleres...

-Instrumentos idiófonos: tarrañolas,castañolas,axóuxeres,campaíñas...

-Instrumentos axitadores:caxixis,maracas,ovos...

-Instrumentos infantís:mirlitón,xocalleiros infantís...

Instrumentos de vento:frautas,ocarinas,chifros...

-Instrumentos de bico:arpas de boca( birimbao e harmónicas )

-Instrumentos de lingüeta:Kalimba.

-Instrumentos de reclamo:imitadores de animais,efectos sonoros,cantos de paxaro...

-Instrumentos mecánicos:caixas musicais,xoguetes de corda...

-Instrumentos electrónicos:kaossilator,kaoss pad,teléfono móbil...

 

Pasámolo todos fenomenal!

 

  

 

Distribuir contido