FÚTBOL FEMININO

O mércores 27 visitáronnos as xogadoras do Club de fútbol sala  F.S.F. Castro para promocionar o fútbol feminino. Despois dunha breve sesión de presentación no salón de actos, na que puidemos ver algunhas escenas do partido no que conseguiron o ascenso a Primeira División, organizaron un pequeno adestramento no pavillón, para finalmente realizar un sorteo de varias bufandas e un balón.

AdjuntoTamaño
GridArt_20230927_200804592.jpg4.33 MB