Avisos

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

Asunto: Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar e fondo solidario (Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Orde do 6 de maio, DOG do 20 de maio de 2021)

Prazo de solicitude: ata o 22 de xuño (incluído)

 

Estimadas familias: 

Recordámoslles que o alumnado usuario do fondo solidario terá de prazo para a devolución  dos libros ata o 22 de Xuño, co fin de incorporalos ao fondo solidario do centro, o que permitirá a súa reutilización nos seguintes cursos académicos. 

* En caso de non devolver os libros  no prazo sinalado e en boas condicións, o alumnado non podería acceder nin ás axudas de material nin ao fondo solidario.

O alumnado con materias pendentes de ESO terá de prazo ata o 7 de Setembro.

1. Material escolar. 

Alumnado de EP e ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, 50 euros.

2. Fondo solidario (3º e 4º EP)

O reparto dos libros de texto do fondo solidario será por orde inversa ao da renda per cápita da unidade familiar (igual ou inferior a 6.000 euros 6 libros, superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 euros 4 libros). O reparto terá lugar ao inicio do curso 2021/2022.

* Recordamos que o alumnado de 5º EP, 6º EP, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO utiliza EDIXGAL (libro dixital), polo que non participan no fondo nin nas axudas para adquirir libros de texto. 

3. Axudas para a adquisición de libros de texto (1º EP e 2º EP)

A contía das axudas para a adquisición de libros de texto será de 210 euros para rendas inferiores ou iguais a 6.000 euros  e de 140 euros para rendas superiores a 6.000 e iguais ou inferiores a 10.000 euros. 

 

Determinación da renda per cápita familiar

Para determinar a renda per cápita familiar para o fondo solidario e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar  terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2019 e o exercicio fiscal de 2019.  

Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2019 para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Dividirase a renda da unidade familiar entre o número de membros computables (proxenitores, fillos menores de idade, fillos maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio, proxenitores separados ou divorciados con custodia compartida, a persoa que por novo matrimonio ou unión de feito conviva coa persoa proxenitora). Os membros da unidade familiar con discapacidade igual ou superior ao 33% computan por dous.

 

Documentación preceptiva

 

Fotocopia do Libro de familia. 

Nos casos no que este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2019, achegar  a documentación pertinente (certificado de convivencia, etc).

Aínda que a/o alumna/o teña previsto cambiar de centro para o curso escolar 2021/2022, se nos prazos de solicitude da axuda aínda non formalizou a matrícula no novo centro, deberá presentar a solicitude no centro de orixe. O vale que se entregue será válido para calquera centro sostido con fondos públicos de Galicia.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. De non ser posible, poderá facerse presencialmente no centro.

Para calquera dúbida ou aclaración quedamos á súa disposición no teléfono do centro: 982870175.

 

Reciban un cordial saúdo.

Adxúntase o impreso de solicitude.

FORMACIÓN EN INTEGRACIÓN SENSORIAL

O 1 de xuño ás 17:00 horas terá lugar unha conferencia sobre Integración Sensorial. Está organizada por unha mamá de educación infantil á que damos as grazas polas súas xestións.  A información sobre a charla está no seguinte DOCUMENTO.

CURSO-TALLER DE FOTOGRAFÍA CREATIVA CO TELÉFONO MÓBIL

O  día 5 DE MAIO de 2021 a partir da 16:25 horas no patio cuberto do CPI Plurilingüe de Castroverde terá lugar un taller de fotografía creativa  para familias co teléfono móbil. Os días 3 e 4 de maio celebrarase o mesmo taller para o profesorado. Será impartido pola fotógrafa de Castroverde María Nogueira.

As nais ou pais que desexen asistir deben inscribirse chamando ao teléfono 982870175 deixando os seus datos e un teléfono de contacto.

No taller ensinaranse  "trucos fáciles" que axudarán a mellorar as fotos realizadas co teléfono propio dun xeito práctico. As persoas interesadas deben  avisar o antes posible dado o límite de aistentes.

 

Distribuir contenido