Xerais do centro

Actividades do centro

FÚTBOL FEMININO

O mércores 27 visitáronnos as xogadoras do Club de fútbol sala  F.S.F. Castro para promocionar o fútbol feminino. Despois dunha breve sesión de presentación no salón de actos, na que puidemos ver algunhas escenas do partido no que conseguiron o ascenso a Primeira División, organizaron un pequeno adestramento no pavillón, para finalmente realizar un sorteo de varias bufandas e un balón.

DÍA DA ARTE: MIRÓ E O UNIVERSO

Polo Día Mundial do Arte, o alumnado de 5 anos fixo varias obras artísticas empregando materiais diversos e facendo alusión a Joan Miró e a súa obra " Constelaciones", ligando así o arte e o proxecto sobre o universo..

Distribuir contenido