Xerais do centro
Actividades do centro
INTERVENCIÓN ARTÍSTICA COORDINADA POLOS ALUMNOS DE CUARTO DE ESO
Que é arte? Quen é o artista, o que pensa a obra ou o que a executa? Pode haber máis dun artista por obra? Onde reside o valor dunha obra de arte? Como cambia o espacio e a nós unha obra de arte?
Moitas preguntas e moitas máis respostas que plantea a intervención artística coordinada polos alumnos de 4º da ESO no CPIP Castroverde.
DÍA DAS LETRAS
O 16 de maio alumnas e alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria participamos en diferentes actividades en torno á figura de Antón Fraguas. Neste enlace hai máis fotos do evento.
»
DESEÑO DE MATERIAIS
O alumnado de infantil (4°, 5º e 6º) e de Primaria (2º, 3º e 4º) do CPIP de Castroverde tiveron no día de hoxe unha xornada moi especial. Foron recibidos polos futuros mestres, hoxe alumnos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, que cursan a materia impartida por Carmen Sarceda e Daniel Díaz “Deseño e Elaboración de Materiais Didácticos”. A actividade realizouse en dúas aulas, a de Plástica e a de Música. Durou unha hora e media, chea de enerxía e emocións duns e doutros a través de máis dunha ducia de actividades observadas polas mestras Milagros Candal, Manuela Pérez, Esther Pérez, Montserrat Vázquez e Inés Gómez.
O próximo luns, na facultade, terá lugar unha xornada de reflexión e posta en común das experiencias tal como foron vividas polos alumnos de ambos centros así como os comentarios de tódolos docentes.
»
PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
O alumnado de Educación Infantil e Primaria participou nunhas sesións para a prevención dos incendios forestais impartidas por gardas forestais e bombeiros da Xunta de Galicia.
»