Avisos

2ª AVALIACIÓN: RESULTADOS EN ABALAR MÓBIL

RESULTADOS DA SEGUNDA AVALIACIÓN

A partir do día 3 de abril pódense consultar telemáticamente os resultados do alumnado en ABALAR MÓBIL. Para iso é preciso que aquelas familias que inda non teñan instalada a aplicación no seu teléfono o fagan. Teñan persente que ten que será no móbil que teñan comunicado ao centro educativo. 

Para instalar a aplicación sigan os pasos indicados na seguinte GUÍA PARA RESPONSABLES

En caso de dúbidas envíen un correo a cpi.castroverde@edu.xunta.es

Para calquera problema ou consulta poden chamar aos seguintes números: 982870175, 982870181 ou 982870179.

 

A XESTIÓN DAS EMOCIÓNS: UN RETO INDISPENSABLE PARA A EDUCACIÓN E A CONVIVENCIA

O 8 de marzo de 2016, a partir das 16:25 horas terá lugar unha sesión de formación conxunta dirixida a nais, pais, titoras e docentes que pretende dotar aos adultos coas ferramentas necesarias que axuden na difícil tarea de educar cada día.  Tratarase de dar resposta a situacións que se abordan cada día na familia ou na aula. 

Dado o interese dos contidos a tratar, animamos a todas as familias a asistir a este taller impartido pola profesora, psicóloga e experta en educación emocional Mª Carmen Loureiro:

Os-pais-deben-responder-aos-conflitos-dos-fillos-forma-firme-tranquila

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS


Ven de publicarse no DOG do 16 de marzo, a Orde do 2 de marzo de 2015, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 17 de marzo e remata o día 16 de abril.

Máis información aquí

Distribuir contenido