DÍA DE PI

TERTULIA MATEMÁTICA

O CPI Plurilingüe de Castroverde celebrou o día do número PI (14 de marzo) cunha tertulia dialóxica matemática e outras actividades impulsadas polo departamento de matemáticas do CPI, como murais nos corredores cos primeiros decimais deste número irracional. Na tertulia revisouse a historia de PI e as sucesivas aproximacións e cálculos ao seu valor, as aplicacións en estatística, geodesia, teoría da relatividade, mecánica cuántica, procesamento de sinais e tamén en actividades da vida cotiá de carpintería ou mecánica entre outras. Tamén se visualizou un rap sobre as primeiras 100 cifras deste número e as súas aplicacións.

Esta actividade forma parte das iniciativas pedagóxicas conxuntas que se comparten co CPI As Mirandas de Ares dentro  da fase interautonómica do programa Obseva-Acción.