Dinamización da Lingua Galega

DÍA DA LINGUA MATERNA

Os nenos e nenas da aula das Curuxas de 3 anos de Infantil celebramos así o día da Lingua Materna. Son verbas que teñen un significado moi especial para nós e para as nosas familias. 

Que viva a nosa lingua!! Que é ben fermosa!!

TRABALLO SOBRE OS ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS

O alumnado de 1° ESO elaborou un traballo sobre o Entroido galego na clase de Lingua Galega e Literatura.

Procuraron información sobre os distintos personaxes do noso Entroido,dende os Peliqueiros de Laza, as Pantallas de Xinzo de Limia ou os Cigarróns de Verín ata outros menos coñecidos como os Vergalleiros de Sarreaus, o Entroido Ribeirao ou os Galos da Mezquita.

VER TRABALLOS

FACENDO O CAMIÑO PRIMITIVO

Despois de 2 anos de pandemia, conseguimos este curso facer un tramo do Camiño Primitivo, alumnado e profesorado de ESO, cun percorrido de 11 Km, dende a Fontaneira ata Castroverde, parando no Cádavo para tomar as dez, e xantar en Vilabade.

Foi unha experiencia moi bonita que intentaremos repetir para o próximo curso, continuando desde Castroverde ata Soutomerille.

VISITA DE XESÚS TRASHORRAS

O escritor castroverdense Xesus Trashorras estivo no Centro,  1 co alumnado de 6 E.P., falou do libro de poemas "O silencio do orballo", logo co alumnado de 2, 3, 4 ESO neste caso sobre o libro de microrrelatos "Paseando Canguros" e para rematar estivo cos nenos/as de EI 6 anos, onde estes lle amosaron un pequeno libro feito por eles donde  ilustraron o poema sobre Castroverde do libro" o silencio do orballo".

LETRAS GALEGAS EN QUINTO DE PRIMARIA

Quinto de primaria móstranos o traballo realizado con motivo do día das Letras Galegas. 

Distribuir contenido