Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

HALLOWEEN PRIZES, 2023

O departamento de inglés entregou aproveitando a celebración  do magosto os premios do concurso de Halloween que nesta ocasión  estivo centrada no deseño de escobas de meiga.

As premiadas foron:

1° premio:Sabela Palmeiro de 1° de ESO

2° premio: Carla... de 1° de ESO

3° premio: Ceibe Gil Fdez- Coronado.

A nosa auxiliar de conversa Ritu Chopra fixo entrega dos diplomas e vales.

Aproveitamos o evento para ,dende o departamento de Plástica, deseñar  rangoli no chan  con luces de benvida conmemorando a festividade India de Diwali.

Fusionamos deste xeito tres culturas, a galega,a inglesa e a India nun  encontro festivo de toda a comunidade  educativa.

 

Noraboa ás gañadoras.!!

ENCONTRO DIGITAL WEEK

O alumnado de 6º participou no Encontro Digital Week que se celebrou o 7 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Alí viron novamente a algúns dos compañeiros da Digital Week que se celebrou en outubro no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares.

Ademais asistiron á conferencia-coloquio de Deborah García Bello e Manuel Vicente. Un alumno do noso centro gañou un libro por facer a pregunta que máis lle gustou á conferenciante: "De que está feito o universo?"

Posteriormente tiveron un pequeno recreo con merenda e a continuación un taller de programación con Makey Makey que foi moi entretido.

Finalmente, no salón de actos, viron un vídeo no que os seus monitores e profesores do campamento dos Peares lles transmitiron moi bos desexos.

Pódese dicir que foi unha mañá intensa e ben aproveitada!

HALLOWEEN CONTEST AND EXHIBITION

 

 

Agradecemos a colaboración das familias neste concurso e exposición de Halloween que seguimos podendo contemplar nas entradas de Infantil e Primaria e de Secundaria. Proximamente coñecesremos os gañadores do concurso de secundaria. 

 

LEARN BY PLAYING: INDIAN TRADITIONS

Hoxe adicamos  parte da clase de inglés a coñecer máis  a fondo as tradicións e cultura India.

A nosa auxiliar de conversa deseñou un wordwall con preguntas  sobre unha presentación  que vimos previamente.

As dinámicas de xogos  facilitan a aprendizaxe e a inclusión ó ser altamente estimulantes e accesibles para todo o alumnado.

Na segunda parte da clase xogamos en parellas ó TIC,TAC,TOE reforzando estructuras que nos axudan a avanzar no uso da lingua inglesa e nas súas estructuras. 

Foi un bo comezo de semana.

Deixámosvos o enlace por si queredes xogar na casa.

See you!!

 

 

https://wordwall.net/resource/62960224

A INDIA: CELEBRACIÓNS MÁIS IMPORTANTES

Como xa vén sendo costume no noso centro, aproveitamos a sorte de ter unha auxiliar de conversa para achegarnos pouco a pouco á súa cultura. Así, esta vez tocou aproximarnos ás principais festividades da India: Duwali, Holi, Dusshera, Independence Day, Republic Day, Lohri e Gandi Jayanti foron as celebracións sobre as que aprendemos un pouco.

Proximamente afondaremos máis nunha delas. Cal será?

Distribuir contenido