Apadriñamento lector

AGASALLOS DOS PADRIÑOS DE QUINTO DE PRIMARIA AOS AFILLADOS DE 6º DE E.I.

Ola afillados e afilladas de 6º de Infantil ‼️ 

Os vosos padriños e madriñas de 5º de Primaria quixeron facervos dous agasallos: 

O primeiro será un vídeo-conto da historia da “Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” interpretado polo propio alumnado. 

E o segundo será un vídeo duns debuxos con dedicatoria personalizada para cada afillado e afillada. 

Esperamos que vos gusten e que pasedes un ratiño divertido con este apadriñamento virtual. 

Unha aperta, 

Alumnado de 5º

AGASALLOS DOS PADRIÑOS DE SEXTO DE PRIMARIA AOS AFILLADOS DE 5º DE E.I.

Ola afillados e afilladas de 5º de Infantil ‼️ 

Os vosos padriños e madriñas de 6º de Primaria quixeron facervos dous agasallos: 

O primeiro será un vídeo-conto da historia da “Cocorico” interpretado polo propio alumnado. 

E o segundo será un vídeo duns debuxos con dedicatoria personalizada para cada afillado e afillada. 

Esperamos que vos gusten e que pasedes un ratiño divertido con este apadriñamento virtual. 

Unha aperta, 

Alumnado de 6º

ENTREGA DE CAMISETAS AOS PADRIÑOS DE LECTURA

Alumnos e alumnas de quinto e sexto locen as camisetas recibidas como agasallo da actividade de Apadriñamentos Lectores, aínda que o mellor premio foi o cariño e entusiasmo que lles regalaron as afilladas e afillados.

Distribuir contenido