Ano novo, novas aprendizaxes
Boas familias! Durante o mes de xaneiro estivemos aprendendo novos xogos nas clases de Educación Física. A continuación deixo explicado un deles, e que tanto lles gustou a todos os nenos e nenas do CRA.
Roubar as colas
Cada participante deberá ter enganchado do pantalón un cacho de tela, simulando unha cola. O obxectivo do xogo é intentar roubar o máximo número de colas, sen que a ti che rouben a túa. Se roubas unha, deberás de colocala, xunto ca que xa tes, enganchada no pantalón. Gañará o ou a participante que cando termine o tempo de xogo teña máis colas enganchadas no pantalón. OLLO, ainda que che rouben a túa cola deberás de seguir xogando, tratando así de ter o máximo número antes de que o xogo remate.
Nas clases de Educación Física pasámolo xenial!
- %count lecturas
Comentarios
Enviar un comentario novo