As nosas aulas

Could not find the wijering_mediaplayer file for embedding.

FESTA DE CASELÍN E CARREIRA SOLIDARIA

Video resumo da xornada do 24 de Outubro no que as aulas de parroquia asistiron a sede do CRA Raíña Aragonta para asistir a festa de Caselín, a mascota da biblioteca, ademáis parte das aulas participaron nunha carrera solidaria contra a leucemia facendo visible a sensibilización dos mais pequenos con efermidades presentes na nosa sociedade. Unha xornada de 10 grazas a colaboración e implicación dos mestres e mestras do CRA.

JANE GOODALL

Os nenos e nenas da aula de 5 anos B traballamos á primatóloga e antropóloga Jane Goodall. Jane caracterízase polo seu constante estudo dos chimpancés e polo seu incansable traballo para a conversación e benestar animal.


Comezamos este traballo cunha motivación inicial de Jane Goodall e dos chimpancés; dende o primeiro momento encantoulles e tiñan o seu ‘’Recuncho de Jane’’.


 

 

Non só descubrimos a vida de Jane actual, senón dende a súa infancia, cómo era a súa familia que descubrimos a través dun álbum e levamos a cabo unha representación artística da familia de cada un de nós.


 

 


 

Tamén tivemos alguna sorpresa como un memory de fotos de Jane.

 

 



 

Coñecemos a algún dos amigos chimpancés que fixo Jane durante todos os anos que estivo na Reserva de Gombe en Tanzania. Jane púxolle nome a todos  o que creou un vínculo moi especial entre eles.


 

Estes son os exemplos dalgunhas das investigación que fixemos cómo Jane descubriu que os chimpancés fabrican ferramentas para comer termitas e debuxámolo ou momentos da infancia de Jane como cando se preguntou de onde saen os ovos.

 

 

E finalmente presentamos os nosos traballos acabados co noso pequeno chimpancé

 

 

Os nosos xoguetes

As nenas e os nenos de 5 anos B falamos sobre os nosos xoguetes. Analizámolos e reflexionamos sobre cales son os nosos favoritos. A conclusión á que chegamos foi que TODOS OS XOGUETES SON PARA TODOS, non hai xoguetes de nenos nin de nenas.

Zanzíbar

 

Nas aulas de Esfarrapada de 4 B e C, durante o primeiro trimestre, fomentamos no noso alumnado a concienciación sobre a situación e a realidade da muller noutras culturas.

 

Esta fotografía empregada como motivación inical, abriu un debate no que os cativos e cativas, comentaron e realizaron todo tipo de preguntas para resolver as súas inquedanzas.

 

 A través dela coñecemos o proxecto "Panje". Este proxecto levado a cabo na illa africana de Zanzíbar, ten por obxectivo, ensinar a nadar ás mulleres sen comprometer as súas crenzas culturais e relixiosas.

 

Posteriormente realizamos unha exposición en cada unha das aulas, con algunhas das fotos más representativas deste proxecto e, falamos da súa autora: Anna Boyiazis.

 

Estas son as fotos incluídas na exposición:


 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2017/2018

COMO TE SENTES?

O pasado martes 3 de Maio, tivemos a sorte de contar no centro con Dona Xulia Fernández Rodríguez, experta no mundo das emocións na infancia.

Pais, nais, e mestres/as, tivemos a sorte de poder escoitala e levarnos unha morea de información sobre a que poder reflexionar sobre ese maravilloso mundo das emocións, que en moitas ocasións temos tan olvidado.

Sen dúbida, para nós foi unha gran experiencia, desexamos que para vos tamén, e que poidamos repetir experiencias coma esta.

 

SAMAÍN TERRORÍFICO 2015-2016

Sorry, flash is not available.

Dende Normalización Lingüística amosámosvos como celebramos no CRA Raíña Aragonta o Samaín máis terrorífico de todos os tempos.

Mirade, mirade!!,  se vos atrevedes...

DIA DA PAZ 2015

Para celebrar o día da Paz preparamos un baile moi divertido que estivemos practicando nas clases e nos recreos. Aquí podedes ver o ben que nos saliu e o ben que o pasamos bailando e facendo exercicio.

  

Sorry, flash is not available.

 

Distribuir contido

Back to top