Recomendacións lectoras

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O 2 de abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo desta conmemoración é espertar o interese e o amor polos libros entre os máis novos e promover o bo libro infantil.

 

Desde a biblioteca do centro seleccionamos algúns dos escritores e ilustradores máis representativos da literatura infantil. E o alumnado da aula de 5 ANOS A, tamén nos deixan unhas recomendacións lectoras para que poidamos celebrar este día tan especial cunha boa lectura.

 

Esperamos que vos gusten!!

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O día 8 de marzo conmemórase a loita das mulleres pola igualdade de xénero. Dende a escola temos que dar exemplo para educar en igualdade e promover os dereitos das nenas e das mulleres.

Dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta presentamos unha selección de libros que nos axudarán a educar en igualdade.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA SAN VALENTÍN

Achégase unha data moi importante para falar do AMOR e non só do amor en parella, senón do amor cara aos amigos, irmáns, avós...

Os contos son unha excelente ferramenta para reflexionar sobre o amor, por iso dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta deixámosvos unhas recomendacións lectoras cheas de tenrura para ler este San Valentín.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O martes 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este día lémbranos que todos temos que garantir unha educación que favoreza a boa convivencia en todos os ámbitos da nosa vida. Para conseguilo, é necesario que, tanto dende o centro como dende a familia, se inculquen aos máis pequenos valores que fomenten e promovan actitudes baseadas na tolerancia, o respecto, o amor e a solidariedade. Só así faremos do mundo un lugar mellor no que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e oportunidades. 

Por iso, hoxe traémosvos unha entrada na que recomendamos unha serie de contos que cumpren isto. A literatura infantil converteuse nunha ferramenta educativa que invita á reflexión e permite que o alumnado coñeza outras realidades e interiorice estes importantes valores.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

O Nadal é un tempo máxico, cheo de emocións, recordos, encontros coa familia e os amigos. É hora de compartir e pasar tempo xuntos.

 

Por iso, dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta, queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras que vos axuden a atopar o agasallo perfecto para este Nadal e tamén gozar de grandes momentos de lectura en familia.

 

 

BO NADAL E FELICES FESTAS!!!!!!

 

 

 

SELECCIÓN DE LIBROS PARA O NADAL

O Nadal é un tempo moi agardado polos máis pequenos: días de ilusión, desexos, maxia e agasallos.

 

Por iso, se queres descubrir a maxia do Nadal, convidámoste a ler algunhas das nosas recomendacións lectoras.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca do centro queremos sumarnos a esta celebración deixándovos unhas recomendacións lectoras para estes días, que vos axudarán a traballar a igualdade de xénero e o respecto dende a infancia.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O SAMAÍN

As historias de medo e de terror son ás veces fonte de diversión para os máis pequenos, por iso, dende a biblioteca fixemos unha gran selección de contos terroríficos para ler ao noso alumnado nestas datas tan especiais.

Animádevos e desfrutade destas lecturas.

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA (VERÁN 2023)

Este verán mergúllate en novos mundos a través das nosas recomendacións lectoras.

 

Agardamos que vos gusten e que leades moito durante as vacacións.

 

 

 

 

Ademais o alumnado de 5 anos C tamén elaboraron este vídeo cunhas recomendacións lectoras para este verán.

 

Desfrutade moito das vacacións!!!

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

A literatura infantil é un excelente recurso para loitar contra o acoso escolar, xa que a través da lectura, os nenos e nenas aprenden a identificar situacións de bullying e violencia en diferentes ámbitos, e facilitan o desenvolvemento da empatía.

Por iso, dende a biblioteca escolar recomendamos unha serie de libros que nos axudarán a previr este fenómeno dende o ámbito escolar e familiar.

 

 

Distribuir contido