Escolares

EXPERIMENTANDO COA LUZ NEGRA

As nenas e nenos de Entenza hoxe estivemos experimentando coa luz negra. Primeiro descubrimos o efecto que facía na nosa roupa, pel, uñas... Despois desfrutamos do conto de Leotolda e por último axudamos os seus amigos a atopala, deixando voar a nosa imaxinación e debuxando a Leotolda tal e como cada unha pensabamos que era. 

Que ben o pasamos, deixamos por aquí unha mostra de todo o que fixemos.

  

JUGUEMOS A HACER YOGA

Buenos días familias. Este mes desde el Área de Educación Física llevaremos a cabo el Yoga, ya que dicho trabajo mejora el desarrollo cognitivo y motor del alumnado.

 Ilustraciones de Anna Lang

FESTIVAL DE EUROVISIÓN

ESTE ANO NON FOI POSIBLE CELEBRAR O ENTROIDO COMO FACIAMOS EN ANOS ANTERIORES, PERO AÍNDA ASÍ, ESTA FESTIVIDADE ESTIVO PRESENTE NAS NOSAS AULAS .

TENDO EN CONTA O PROXECTO DO CENTRO, DECIDIMOS VIAXAR POLO MUNDO AO SON DA MÚSICA. AO LONGO DA SEMANA CUMPRIMOS AS ORDES DE CASELÍN, A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA E PARA PECHAR A FESTA, VISIONAMOS UN FESTIVAL DE EUROVISIÓN, ONDE NÓS ERAMOS OS PARTICIPANTES.

QUEREDES SABER QUEN FOI O PAÍS GAÑADOR? POIS ESTADE BEN ATENTOS.

 

 

 

ENTROIDO

Bos días:

A próxima semana, no CRA celebraremos o noso "Entroido Eurovisivo" para o cal precisamos a vosa colaboración para cumprir as ordes do meco, neste caso Caselín eurovisivo.

Aquí vos deixamos as súas ordes, para que busquedes pola casa o que teñen que traer os nenos e nenas cada día.

Grazas pola vosa colaboración

O equipo de Actividades complementarias e extraescolares e o EDLG


SAMAÍN

Xa chegou Samaín!!!!!! E realizaremos unha viaxe terrorífica a Transilvania!!! Ides tremer de medoooooooo

 

SAN XURXO EN OUTUBRO

 

  Iniciamos a volta ó mundo, comeza o outono e trememos de medo co Samaín!!!!!!

 

Dámoslle a benvida á primavera

Boas familias!!

A verdade é que teño que comezar pedindo disculpas por ter este apartado tan abandono. Este curso está a ser un pouco complicado, e no que menos estamos pensando é en sacar fotos.

Aínda así gustaríanos empregar este espazo a modo de blogue, para poder achegarvos algunhas cousiñas das que están a acontecer na nosa aula, e deixar así aberta unha nova canle de comunicación familia-escola.

Esperamos que gocedes tanto vendo as nosas experiencias coma nos o facemos dentro do cole. 

Comezamos o trimestre, e como para todos é ben sabido, os mércores son os días nos que experimentamos coas nosas capacidades artísticas, póndonoas a proba. Este mércores, decidimos darlle a benvida á primavera por todo o alto, e non se nos ocurriu mellor modo de facelo que da man do noso amigo Tullet (autor xa coñecido por todos). Como nos iamos a resistir a faer a nosa propia versión deste CAMPO DE FLORES tan divertido?

  

 

  

 

Houbésenos gustado que o papel fose moito mais grande e todos puidesemos pintar no mesmo, pero... este coronavirus tráenos de cabeza, e non nos deixa, así que a grandes males, grandes remedios. Non podemos facer un único mural? pois facemos mais, e repartímonos nos pequenos grupos.

 

Un saúdo!!

Profe Judit

 

OCURRE(CIE)NCIAS: A vaca que puxo un ovo

Este taller, motivado trala lectura do conto "A vaca que puxo un ovo" tivo lugar hai un mes pero, por algún erro, non se subíu a entrada así que... velaquí está.

A vaca que puxo un ovo é un divertido conto no que numerosas ideas se mesturan e nos permiten poñer en xogo os nosos coñecementos sobre a reproducción dos animais, os cambios de estado dos materiais, ... Coma sempre nos achegamos ao mundo das ciencias dunha forma divertida. Experimentamos como os ovos pasaban de quebradizos a brandos, como cambiaban de cor, ... e mesmo fixemos nos mesmos un ovo!

Encantóunos!

 

OCURRE(CIE)NCIAS: Alicia en el país de las maravillas

Este venres, voltaron as tolas "ocurre(cie)ncias" á aula. Desta vez, o libro elixido foi "Alicia en el país de las maravillas". Unha historia que nos sorprendeu por extraña, ocurrente e divertida.

A súa lectura deu lugar a múltiples parladoiros e xogos e, tamén, a experimentos que hoxe nos fixeron coñecer a algún dos personaxes da historia como o Sombrerero loco, a introducirnos no fantástico mundo das ilusións ópticas e a traballar aspectos cotiáns como a numeración pero dunha forma moito máis divertida.

Como vedes, non houbo forma de que dexasen de mirar o noso sombrerero... Guiño

Por se vos apetece recordar un pouquiño a historia que motivou este taller, premede na imaxe anterior e poderedes ver un anaco da película de Disney. O luns veremos o resultado da experiencia cos osiños de goma... conseguiremos facer que medren como Alicia cando comeu a torta?

 

Moito coidado coas vosas cabezas pequenos!

Biquiños con sabor a osiño de gominola de Lupo e mais eu.

Distribuir contido

Back to top