Audición e linguaxe

BENVIDA

 

Neste espazo irei compartindo información de interesa para mestres, familias e tamén para nenos e nenas!

Preparados??

COMEZAMOS O CURSO 2023-24!!

PROGRAMACIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE CURSO ESCOLAR 2023/24

PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓN E LINGUAXE PARA O CURSO 2023-2024

RECOMENDACIÓNS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL

Despois de compartir con vós os fitos do desenvolvemento máis importantes que o alumnado debe acadar segundo a súa idade, comparto agora unha serie de recomendacións para cumprir co obxectivo principal de mellorar a comprensión e exprsión oral da linguaxe

 

A familia e, particularmente os pais e nais, sodes o contexto clave, decisivo e insubstituíble para estimular e desenvolver a linguaxe e a comunicación. Por iso vos invito a ler con calma estas recomendacións, que podedes ampliar pinchando na imaxe:

 

FITOS DA LINGUAXE 6 ANOS

Para finalizar a serie de fitos do desenvolvemento que comecei a contarvos a principios de curso, comparto con vós a lista dos fitos máis importantes a nivel lingüístico que esperamos do alumnado cando xa cumpre os 6 anos, xustiño antes de entrar en Educación Primaria ou cando xa levan uns meses nesta etapa. Para poder ver mellor a imaxe soamente tedes que clickar nela.

Espero que esta información resultase do voso interese (tanto familias como resto de mestres e mestras).

FITOS DA LINGUAXE: 5 ANOS

Continuando coa serie de fitos do desenvolvemento que comecei a contarvos a principios de curso, comparto con vós a lista dos fitos máis importantes a nivel lingüístico que esperamos do alumnado de 5 anos. Para poder ver mellor a imaxe soamente tedes que clickar nela.

Lembrade que esta información resulta moi interesante e de moito interese para coñecer e ser conscientes do que podemos esperar dos nenos e das nenas segundo a súa idade de desenvolvemento, e poder así tomar as medidas pertinentes en caso de que estes hitos non se acaden á idade correspondente.

 

FITOS DA LINGUAXE: 4 ANOS

Como comecei a contarvos na entrada do mes de novembro, é moi importante coñecer os fitos do desenvolvemento da linguaxe dos nenos e das nenas para saber que se espera deles a cada idade.

Hoxe comparto con vós a lista dos fitos máis importantes a nivel lingüístico que esperamos do alumnado de 4 anos. Para poder ver mellor a imaxe soamente tedes que clickar nela.

 

XOGOS DE MESA PARA NADAL

Queda moi pouco tempo para que Papá Noel, O Apalpador ou os Reis Magos cheguen ás casas cargadiños de ilusión!!

Para axudalos a escoller os mellores agasallos para os nosos nenos e nenas, comparto aquí abaixo unha serie de recomendacións de XOGOS DE MESA que triunfan na aula de AL, por si lles apetece deixarlle algún debaixo da árbore...

Os nomes dos xogos son:

  • Memo meuh (Djeco)
  • Abejitas zum zum (Mercurio)
  • Noah´s Ark (Smart games)
  • Speed cups (Mercurio)

 

  • Fiesta de las perlas (Haba)
  • Totem zen (Djeco)
  • Rhino Hero (Haba)

 

  • Bubble stories (Maldito games)
  • Little action (Djeco)
  • Story Cubes (Rory´s)
  • Roll & Play (Thinkfun)

BO NADAL!!!

FITOS DA LINGUAXE: 3 ANOS

É moi importante coñecer os fitos do desenvolvemento da linguaxe dos nenos e das nenas para saber que se espera deles a cada idade. Poi iso, aquí abaixo déixovos unha lista dos fitos máis importantes a nivel lingüístico que esperamos do alumnado de 3 anos cando entra no cole (podedes clickar na imaxe para vela en tamaño grande).


Distribuir contido

Back to top