Apoios
Navegando coa profe Ana
Posted Maio 18th, 2020 by profe20Bo luns peixiños,
Continuando cos piratas vos traio uns xogos de vocabulario cun montón de palabras novas que vos servirán para traballar de moitos xeitos diferentes.
Podemos xogar a buscar palabras que comecen por un mesmo son, buscar imaxes que rimen, relacionar a imaxe coa palabra, a recortar a palabra en sílabas e construíla, a recortar as letras e ir escribindo, a reproducir, etc. As posibilidades son moitísimas!
Tamén vos deixo unhas imaxes para observar, colorear, recortar e colocar en orde. Despois teredes que contar o que sucede nas mesmas. Podedes tratar de escribilo ou que vos axuden a facelo.
Finalmente vos propoño a seguinte idea: nunha botella transparente, que pode ser plástica ou de cristal introducimos obxectos de pequeno tamaño e arroz. A actividade pode desenvolverse de dous xeitos: podedes buscar eses obxectos e marcar se os atopastedes nunha lista ou ben, escribir ou debuxar aquilo que atopades na botella. Esta actividade chámase: mensaxes na botella!
Ahh! Tedes tamén un enlace a unha web na que atoparedes algúns xogos online sobre piratas que vos poden gustar.
Espero que vos divirtades xogando!
Bicos salgados
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
"GLU, GLU, GLU" 7#
Posted Maio 18th, 2020 by profe22Bos días! Empezamos unha nova semana cuns xogos nos que teredes que prestar moita atención. Xa me contaredes se vos resultou moi difícil e tivestes axuda para facelos. Que teñades un bo e soleado día.
Un choque de puño!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Experimentos 1
Posted Maio 15th, 2020 by profe25Ola a tod@s,
Hoxe traiovos unha serie de experimentos para vos divertir e aprender na casa.
Moita sorte da profe Yasmina para os meus pequen@s científic@s.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Navegando coa profe Ana
Posted Maio 15th, 2020 by profe20
Hoxe festexamos o día das familias. Grandes, medianas e pequenas, cada unha diferente, non hai dúas iguais…. E iso fai que todas e cada unha sexan especiais. Nesta semana na que estábamos a traballar con piratas, que vos parece celebrar o día das familias xogando a ser unha “familia pirata”?
Traiovos unha serie de propostas para xogar a ser bandidos do mar pero, sobre todo, sendo venres, vos presento uns xogos para que pasedes un bo rato en familia.
Estes xogos son:
·
A procura do tesouro,
·
Tres en raia pirata e
·
Somos piratas.
Tamén atoparedes un documento con ideas para pasar unha tarde pirata.
DESFRUTADE MOITO DA VOSA FAMILIA!
Biquiños con sabor a sal.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
"GLU, GLU, GLU" 6#
Posted Maio 15th, 2020 by profe22Bos días! Para acabar a semana o profe Abraham traevos un experimento moi chulo e faciliño. Tamén vos deixo un labirinto no que teredes que axudar ao cangrexo a chegar a caracola. Desfrutade da fin de semana!
Un choque de puño
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Navegando coa profe Ana
Posted Maio 13th, 2020 by profe20Bo día peixiños,
Neste mércores vos traio un novo conto contado e unha proposta de actividades. O conto desta semana é “Pirata Pata de lata”.
As actividades son un conxunto de xogos de atopar as sombras correctas, as diferenzas e unha serie de manualidades que podedes realizar. Coma sempre, non é preciso imprimir, podedes xogar dende a pantalla do dispositivo que empreguedes para visualizalos. Espero que vos gusten e que pasedes un ratiño divertido.
Biquiños salgados,
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
"GLU, GLU, GLU" 5#
Posted Maio 13th, 2020 by profe22Olaaaa nenos e nenas! Qué tal vai todo? Hoxe imos desenvolver o noso lado máis lóxico, polo que vos deixo dúas actividades para poñades a vosa cabeciña a traballar. Espero que vos gusten, e recordade deixar comentarios.
Un saudiño de puño!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Tragabolas mariños
Posted Maio 13th, 2020 by profe25Ola a tod@s,
Hoxe imos crear unha manualidade cun fin lúdico, é dicir, co que despois poderedes entretervos e pasar días moi divertidos. Nesta ocasión crearemos un tragabolas con aspecto mariño, e agora... cantas veces seredes quen de encestar a boliña?
Moita sorte da profe Yasmina
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Navegando coa profe Ana
Posted Maio 11th, 2020 by profe20
Bo días meus peixiños,
Espero que tiverades unha boa fin de semana. Vos traio unha proposta que creo que vos pode gustar xa que tedes que convertervos en axudantes duns animaliños do mar que andan en apuros… Estades preparados? Veña, preparade os vosos traxes de baño e a mergullarse na aventura!
Ana
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Cadro mariño en 3D
Posted Maio 11th, 2020 by profe25Ola a tod@s,
Como estades meus pequen@s artistas?
Hoxe propóñovos que creedes un cadro vivo, un cadro mariño en tres dimensións, para que sintades máis preto o mar e a súa fauna. Logo, podedes usalo para decorar a vosa casa.
Moito ánimo da profe Yasmina
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »