Soutelo

Rancho de Nadal!!!

Tivemos a sorte de poder dewfrutar na aula dun rancho musical de Nadal. Un grupo formado por persoas das parroquias amigas de Picoña e Barreiro, deleitaronos cunhas pezas e explicacións moi entretidas, e xa de paso...botamos uns bailesRisa

Polo Nadal...Elfos nos viñeron visitar

No cole de Soutelo tivemos unha visita inesperada. Os Elfos axudantes de Papá Noel apareceron para pasar un ratiño con nós e recordarnos o importante que é portarse ben para que nos poidan traer os regalos das nosas cartas. 

Un día de cogumelos...co alcalde!!

Continuando coas actividades propias do outono, tivemos a sorte de recibir na nosa aula un pequeno taller explicativo sobre os cogumelos. Esta actividade foi desenvolvida en colaboración co concello de Salceda de Caselas, e con ela poidemos coñecer un pouco mais sobre os fungos e as súas características.

                                                                                                             

Magosto magostiño

Coa chegada do outono aproveitamos para degustar os froitos que esta estación nos ofrece así como tamén para desfrutar dunha festa de moita tradición na nosa zona xeográfica como é o magosto.

 

Agradecer tamén as famlias pola súa aportación culinaria Risa

Celebramos o Samaín

Os nenos e nenas de Soutelo celebramos o Samaín na aula pasando unha boa mañá...ou quizais non tan boa xa que resultou ser terrorífica

ATRAPA LETRAS

OS NENOS E NENAS DE SOUTELO XOGAMOS CO ABECEDARIO, ESTE DANOS UN POUQUIÑO DE MEDO, É TERRORÍFICO, PERO ENCÁNTANOS!!!!

ALGUNHAS DAS MULLERES TRABALLADORAS DE SOUTELO

Porque todos os días son 8 de Marzo

PROXECTO TOPO

NA AULA DE SOUTELO ATOPAMOS UN...

NOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO...UN TOPO

E ISTO É  TODO O QUE SABEMOS DOS TOPOS EN SOUTELO

AXUDÁDESNOS A DESCUBRIR MOITAS  MÁIS COUSAS????

 

MANDATOS DO MECO

Distribuir contido

Back to top