Skip to Content

Visita á sede de Altia

O 22 de novembro, dentro da iniciativa “Tecnólogo por un día” impulsada pola Axencia para a ModernizaciónTecnolóxica de Galicia, os nosos alumnos Martín García París (2 bac) e Teo Moity Rey (1 bac) desprazáronse ata a sede de Altia en Oleiros para participar nunha xornada informativa na que se desenvolveron diversas charlas e reunións.

Na primeira sesión, o poñente abordou temas relacionados co big data e compartiu co alumnado diversos detalles da súa traxectoria laboral na compañía. A segunda charla estivo centrada nunha aplicación de seguimento de envíos para empresas como Inditex, Mahou e Ence. A aplicación rastrexa envíos, traxectos e xestión de produtos mediante hardware de GPS especializado. A última sesión foi unha reunión en liña que conectou con tres sedes máis, todas participantes no programa “Tecnólogo por un día”. Durante a reunión, realizouse un Kahoot sobre a historia da empresa e mantívose unha conversa entre as sedes para compartir opinións sobre Altia.



page | by Dr. Radut