Skip to Content

Bolsas MEC para estudos post-obrigatorios no curso 2024/2025

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 10 de maio.

Toda a información no enlace

Visita a Sotavento

Grupo de alumnado diante da porta do edificio de Sotavento

O pasado mércores 8 de maio, o alumnado de 2º de ESO visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento, na localidade de Xermade.

Alumnado de Portugués participa na lectura continuada d'A república dos sonhos

 

nelida.gal

O alumnado de Portugués de 2º de BAC participou na lectura continuada da novela A república dos sonhos, da escritora brasileira Nélida Piñón (1937-2022), que era filla de emigrantes galegos e chegou a ser presidenta da Academia Brasileira de Letras. Nesta obra, a autora reflectiu a epopea dos emigrantes galegos chegados ao Brasil a comezos do século XX.

Día da Ciencia na Rúa 2024

Un ano máis, o IES David Buján participou no Día da Ciencia na Rúa que tivo lugar este sábado 4 de maio no parque de Santa Margarida.

Presentación de proxectos Stembach

O día 18 de abril de 2024 tivo lugar o acto de defensa dos proxectos de investigación dunha parte do alumnado do IES David Buján que cursa o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía.

Distribuir contido


by Dr. Radut