Skip to Content

Visita a Sotavento

Grupo de alumnado diante da porta do edificio de Sotavento

O pasado mércores 8 de maio, o alumnado de 2º de ESO visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento, na localidade de Xermade. A visita foi organizada polo departamento de Tecnoloxía en colaboración con Física e Química e permitiunos entender mellor a importancia das enerxías renovábeis de cara a un futuro máis sostible. Os monitores do parque explicáronnos como funciona un aeroxerador, cales son os fundamentos dunha casa bioclimática, así como as características da produción e comercialización da enerxía en España, incluíndo o prezo que pagamos polo seu consumo. Todo isto foi acompañado dun fabuloso chocolate quentado cunha das súas cociñas solares. Moitas grazas aos responsables do Parque e esperamos poder repetir a visita novamente.



page | by Dr. Radut