Skip to Content

Visita do alumnado de 2º ESO á ETAP A Telva

O luns 22 de abril o alumnado de 2º de ESO visitou as instalación da Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva. Esta estación decanta, filtra e  esteriliza a auga procedente do embalse de Cecebre a través do río Mero. A auga, una vez tratada, e distribuída polos concellos da comarca da Coruña.

A visita foi organizada polo departamento de Física e Química e durante a mesma, Manuel ensinounos a importancia da contorna natural do río Mero e da súa biodiversidade e Carlota explicounos polo miúdo os procesos necesarios para que a auga que chega ás nosas casas sexa limpa e saudable. Aprendemos que as actividades humanas afectan á calidade da auga do río e poden dificultar o proceso de depuración, por iso canto máis coidemos do río, mellor será a auga con consumimos. Moitas grazas a eles e aos responsables de Coawa por recibirnos e ofrecernos tanta información.

 



page | by Dr. Radut