Skip to Content

XERUNDIO E XERUNDIVO LATINOS

XERUNDIO  E XERUNDIVO  LATINOS

I) O XERUNDIO

É un substantivo verbal neutro que declina coma un subst. neutro da 2ª decl. tipo templum, templi   MAIS NUNCA SE USA EN FUNCIÓN DE SUX.

Fórmase co tema de presente + -nd- terms. propias de cada caso:

I.a) XERUNDIO en ACUSATIVO: -ndum (amandum, movendum, regendum, audiendum, capiendum)

      Emprégase sempre precedido da prep. AD (con moita menor frecuencia ob, in) e ten sempre valor final => ad + -ndum = para + INF. 

Exs.  Puer in scholam ad discendum missus est =

        o neno foi enviado á escola para aprender.

         Ad deliberandum  convenerunt  =

         Acudiron para deliberar

I.b) XERUNDIO en XENITIVO: -ndi (amandi, monendi, regendi, audiendi, capiendi)

       Tradución: -ndi = de + INF

Exs.  ars amandi = arte de amar  //  tempus legendi = tempo de ler //

Decernendi facultatem nobis eripuerunt = Quitáronnos a posibilidade de decidir

I.c) XERUNDIO en DATIVO: -ndo    Adoita depender de substs. e adxects. e ten tamén valor final  

         (tradución:  para + INF)

          Exs.  Impar laborando = incapaz para traballar

 

I.d) XERUNDIO en ABLATIVO: -ndo (coa mesma forma que o Dat. pero con diferentes usos).

Tradución.  -ndo = Xerundio //  Ao + INF

Tradución  prep. in + -ndo = ao + INF.

Exs. Disco legendo = Aprendo lendo // ao ler

       Disco legendo libros = Aprendo lendo libros

       In oppugando grave vulnus accepi = Recibín unha ferida grave ao loitar 

 

II)  O XERUNDIVO

É un adxectivo verbal (pasivo) que se declina como un adxec. de 3 formas en Nom. sg. tipo bonus, a, um.

(Observa!! É a mesma forma verbal NON persoal que coñecemos como Part. Fut. Pas. ou Adxec. vbal. en -ndus mais con usos diferentes; p. ex. non se usa en Nom.)

Como todo ADXECTIVO debe concertar en xnro., nro. e caso co substantivo ao que vai referido e que "por convención" chamamos o seu "CD".

Fórmase tamén co tema de Pres. + -ndus,a,um declinado segundo o xnro, nro e caso do subst. O VALOR E A TRADUCIÓN DE XERUNDIO E XERUNDIVO SON CASE SINÓNIMOS TOTALES. 

A diferenza é: o xerundivo ten sempre que concordar cun subst. en xnro, nro e caso e o xerundio NON.

II.a) XERUNDIVO en ACUSATIVO   (trad. = para + INF + "CD")  

Ex. Caesar ad cohortandos milites decucurrit = César baixou correndo para animar aos soldados.

II.b) XERUNDIVO en XENITIVO  (= de + INF + "CD")

Ex. Cupidus tui videndi = desexoso de verte

II.c) XERUNDIVO en DATIVO   (= para + INF + "CD"). Con subst. e adxcts.

Exs.  Locus oppido condendo = lugar para fundar unha cidade

         Medicina apta mitigandis doloribus = medicina apropiada para calmar as dores

II.d) XERUNDIVO en ABLATIVO  (= xerundio + "CD"  //  ao + INF + "CD")

Exs.  Galli in consiliis capiendis mobiles sunt = Os galos son inconstantes tomando 

                                                                             decisións // ao tomar decisións.

**Como podes observar, a diferenza entre xerundio e xerundivo está en que o XERUNDIO VAI con verbos intransitivos, ou que levan un Ac. CD ou simplemente non o levan. Porén o XERUNDIVO leva SEMPRE concertado con el o seu "CD" .

Observa estes exemplos de diferenciación:

I.a) Observa o exemplo dos apuntes

I.b) Cupidus videndi urbem

II.b) Idem I.a)

II.b) Cupidus videndae urbis

I.d) Disces in legendo Historiam

II.d) Disces in Historia legenda

 

*Nota: O Xerundio ou a construción de Xerundivo seguidos das "postposicións" (chamadas mellor "anástrofes") causa ou gratia SEMPRE TEÑEN VALOR FINAL        (= para + INF)

Ex. Metellus exercitum in provinciam hiemandi gratia duxit. = Metelo conducíu o exército á provincia para hibernar (= pasar o inverno)

 

 



blog | by Dr. Radut