Skip to Content

Bioloxía e xeoloxía

Encontro do Proxecto Europeo Erasmus+ Being Biomaker

Entre o 6 e o 12 de decembro tivo lugar o encontro do Proxecto Europeo Erasmus+ Being Biomaker, onde se desenvolveron moitos traballos e experiencias cos nosos partners de Italia, Macedonia & Lituania. 

O alumnado STEMBach. visita o CITEEC da UDC

O mércores 15 de decembro, visitaron o Laboratorio de Hidráulica do CITEEC o noso alumnado STEMBach de 1º de bacharelato, xunto co profesor da UDC José Anta, para comezar a preparar proxectos do programa #STEMbach da @UDC_gal

Estrelas con chocolate o pasado luns 08 de novembro

O luns 8 de novembro o alumnado de 1º ESO participou da actividade Estrelas con chocolate. En primeiro lugar, desfrutamos da charla do eminente astrofísico Borja Tosar, que nos fixo unha predicción meteorolóxica de todo o Sistema Solar. A activa participación do alumnado, foi premiada cun quentiño chocolate con biscoito, da man de Aurora e Manolo da nosa cafetaría. Posteriormente, xa con noite pecha, saímos a observar o ceo de Cambre, acompañados da colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, que aportaron os seus telescopios e o seu gran saber, e que lles estamos moi agradecidos. Foi unha tardiña moi proveitosa e gratificante.

Defensa do traballo de investigación do STEMbach, Dispositivo de medida de parámetros da calidade de auga de río.

O mércores 28 de  Abril de 2021, tivo lugar a defensa dun traballo de investigación do  STEMbach 2019-2021 do IES David Buján. 

Paula Velo, Diego Rodríguez e Mateo Silveira,  presentaron o seu proxecto de investigación, "Dispositivo de medida  de parámetros da calidade da auga de río", co-dirixido polo coordinador do STEMbach, Jose Viñas e polo profesor José Anta, do Laboratorio de Enxeñería Sanitaria e Medioambiental da ETS de Camiños da UDC. 

O traballo de investigación dos alumnos foi calificado cun 10 pola Comisión avaliadora.

Noraboa pola ilusión, esforzo e adicación no traballo, 

Olimpiada de Bioloxía

O pasado venres 12 de Xaneiro os alumnos do centro Marcos Ínsua e Laura Ramos participaron na fase galega da Olimpiada de Bioloxía, que tivo lugar na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Ao longo desta xornada realizaron distintas probas, tanto escritas como prácticas, e tiveron ocasión de compartir experiencias con alumnos de toda Galicia.

Canto brillan as nosas estrelas?

A AgrupacAión Astronómica Coruñesa ÍO cedeu a instalación dun SQM (Sky Quality Meter) ao IES David Buján coa finalidade de facer continuidade en estudios sobre contaminación lumínica e novos proxectos, coa toma de datos sobre a calidade do ceo nocturno de Sigrás (Cambre).

   

 

 

Disección de corazón de mamífero

O pasado xoves 9 de febreiro, o alumnado de 3º ESO realizou, no laboratorio, unha disección de corazón de porco, para comprender mellor a anatomía deste órgano. Foi todo un éxito! Noraboa chic@s

   
   

Apadrinamos a Kudia!

Ao longo deste curso 2015-16 o alumnado do IES David Buján realizou unha campaña de recollida de móbiles para colaborar co traballo do Instituto Jane Goodall no Centro de Rehabilitación de Tchimpounga, no Congo. Como resultado, vimos de recibir o certificado de "chimpamig@s de Kudia, unha chimpancé rescatada e reintroducida na Reserva Natural de Tchimpounga. Teremos novas dos seus progresos no próximo ano.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut