Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na III competición de robots da Universidade de Vigo

Podemos estar ben orgullosos do alumnado de 1º de BAC que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial I e TIC I e que participou na III competición de robots da Universidade de Vigo o pasado venres 28 de abril. De entre os 70 equipos participantes 3 dos nosos 4 equipos pasaron á final (na que se clasificaban os 12 mellores equipos da tanda eliminatoria) quedando finalmente 3º da competición o equipo "CNY70", formado por Ricardo Constenla, Sandra Neira, Nuria Salqueiro, Denís Sanmartín, Marcos Suárez e Ainhoa Vivel, sen desmerecer o gran papel que fixeron os restantes equipos participantes do noso centro dado que todos os nosos alumnos souberon demostrar un gran dominio na programación de robots e un alto nivel de competitividade á vez que de compañeirismo... Parabéns rapaces e rapazas!!!

Cómpre indicar tamén que a participación no concurso foi posible grazas á inestimable colaboración da ANPA do centro, que posibilitou a compra de 4 kits con cadanseu robot oficial da competición.

Para ver imaxes e vídeos sobre como se desenvolveu o campionato podedes consultar a Galería Flickr.

Tamén tedes máis información sobre o evento nas seguintes webs: Código Cero, La Voz de Galicia, DUVI

P70428-141231_0.jpg