Admisión de alumnado para o curso 2024-2025

Quen ten que presentar a solicitude de admisión?

Todo o alumnado procedente doutros centros educativos que desexe estudar o próximo curso no IES Manuel García Barros, excepto os que veñan do CEIP Pérez Viondi, CEIP do Foxo ou CEIP Cabada Vázquez e fixeran a reserva de praza no seu momento.

O alumnado dos CEIP nomeados anteriormente, ao estaren adscritos ao noso, ten asegurada a praza e só deberá realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.

Cal é o prazo de presentación? 

Do 1 ao 20 de marzo ambos incluídos.

Que deberán presentar na secretaría do centro?

  • Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a
  • Copia do libro de familia ou documento que acredite o nº de membros da familia
  • Se é o caso, copia da sentencia de separación ou divorcio

Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:

  • Publicarase a listaxe provisional de admitidos e excluídos o 25 de abril.
  • O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
  • Publicarase a listaxe definitiva de admitidos o 15 de maio.

Prazo de formalización da matrícula ordinaria:

Do 23 de xuño ao 7 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).

Receitas de Lectura

Dende a MeGaBiblioteca continuamos ocupándonos da saúde lectora da comunidade educativa coa terceira entrega da serie de "Receitas de Lectura". 
Neste mes de febreiro será o departamento de Filosofía quen nos prescriba á lectura de "Un verdor terrible", unha colección de relatos sobre temas científicos incomprensibles dende un punto de vista comprensible.
Reveladores, sorprendentes, perturbadores, todos nos levan ata os límites da nosa comprensión da realidade.
XX  

Fotos do día de Rosalía: Rosalízate!

Xa temos na nosa galería Flickr as fotos do pasado venres 23 de febreiro, Día de Rosalía.

Alumn@s do MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas

Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Alejandro Cobas Correa, Fernando Sanmartín Sangiao, Pablo Brey Arca e Xulián Brey Couto  participarán o venres 1 de marzo na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas Mans”), organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato

 

Os detalles da xornada poden consultarse na seguinte ligazón do IGFAE.

Xornada de portas abertas para as familias interesadas en coñecer o centro

O mércores 6 de Marzoa partir das 16:30, as familias que o desexen poderán achegarse ao noso instituto para coñecelo máis de preto. O equipo directivo informaralle das características do centro e da oferta educativa (ofrecemos catro modalidades de bacharelato); poderán ver as instalacións e plantexar todas aquelas dúbidas que poidan ter de cara a unha posible solicitude de praza (o prazo está aberto ata o 20 de marzo).

Pablo López, campión galego en dobres masculino

Parabéns ao noso alumno Pablo López Sánchez de 1º Bacharelato A que, xunto co santiagués Miguel del Castillo, se proclamou campión galego de tenis en dobres masculino.

Máis información en La Voz de Galicia.

Para que serve a economía?

O martes 20 de febreiro, os grupos de 4º ESO e 1º de Bacharelato de Economía asistiron dentro do programa A Ponte á charla “Para que serve a Economía?” impartida polo profesor Xosé Antón Rodríguez González catedrático do Dpto. De Economia Cuantitativa da Facultade de C.C. Económicas de Santiago. O alumnado recibíu formación para tratar de responder ás seguintes cuestións: Por que existen as crises económicas? Por que as crises orixinan tantos sufrimentos ás mesmas clases sociais? Teñen culpa das crises os economistas?....
A charla foi organizada polo Departamento de Economía.

                               

Andrés Carballeda, tres medallas de natación

Parabéns ao noso alumno de 3º ESO B Andrés Carballeda Abeijón que vén de acadar tres medallas no campionato autonómico de natación.

Máis información en El Correo Gallego.

Asignación de prazas reservadas por centros adscritos ao noso

Comunicamos que todo o alumnado dos centros adscritos ao noso (CEIP Pérez Viondi, CEIP do Foxo e CEIP Cabada Vázquez) que fixo a reserva de praza dentro do prazo habilitado ten adxudicado o seu posto para o curso 2024/25.

Se algún alumnado coa praza xa adxudicada quere cambiar para outro centro deberá renunciar á reserva de praza, ata o 28 de febreiro incluído, entregando a solicitude na secretaría do IES.

Día de Rosalía. O día 23 de Febreiro: Rosalízate!

Este venres, durante os dous recreos, o EDLG organiza unha actividade dirixida a alumnado e profesorado para poñer en valor a figura de Rosalía de Castro. A actividade consiste en escoller entre tres diferentes deseños: Rosalía ecoloxista, Rosalía feminista e Rosalía galeguista e fabricar unha chapa coa que locer orgullosas. Realizarase na entrada ao centro.

Os deseños foron feitos por alumnado colaborador e a propia actividade tamén contará coa súa axuda!

Sergio Cao e Manuel Verde, 4º posto en Vilagarcía

Os nosos alumnos de 3º ESO Sergio Cao Iglesias e Manuel Verde Andújar acadaron o 4º posto nas 3H Resistencia de BTT na modalidade de relevos disputada a pasada fin de sermana en Vilagarcía.

Parabéns!!!

Nico Lorenzo subcampión galego de trail

Parabéns ao noso alumno Nico Lorenzo Castro de 2º ESO B que acadou o 2º posto no Campionato Galego de Trail disputado en Muros o pasado domingo.

Grecia 2024

Xa temos na nosa galería Flickr algunhas fotos da viaxe a Grecia. Pódense consultar nesta ligazón.

Actividade "Día Internacional do Cancro Infantil"

O pasado xoves 15 de febreiro conmemoramos no centro o Día Internacional do Cancro Infantil. Alumnado de 1º e 4º ESO realizou diversas actividades (lazos dourados, tatuaxes, lectura de manifesto) co fin de mostrar a nosa empatía e solidariedade con aqueles menores que viven ou viviron a enfermidade.

Agradecemos á Asociación de Apoio a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG) e á Federación Española de Padres de Niños con Cáncer (FEPNC) a oportunidade de participar nesta iniciativa.

Carla Pintor, bronce no 300 autonómico

Parabéns á nosa alumna de 2º ESO Carla Pintor Vinseiro, medalla de bronce na final de 300 metros lisos no campionato galego de pista cuberta.

Distribuir contido