DeporteMGB

Fase zonal do Campo a través XOGADE 2023

   O mércores 11 de outubro o alumnado de 1º e 2º da ESO participou dunha xornada deportiva nas instalacións das pisicinas municipais da Estrada, compartindo as carreiras de campo a través co alumnado dos centro educativos de primaria e secundaria da nosa contorna.
   O noso centro contou cunha ampla representación e estiveron acompañados tamén por unha boa parte do profesorado do centro, co que puideron disfrutar dunha xornada lectiva diferente na que a climatoloxía tamén axudou.
   Destacar os bos resultados dos nenos e nenas do noso centro en todas as categorías, grazas ao seu esforzo e participación, que lles permitirá clasificarse para participar nas seguintes fases das probas de XOGADE, na modalidade de campo a través.

Presentación dos resultados do Estudo do Consumo Bebidas azucaradas, estimulantes e enerxéticas nos CEIPs do Foxo e Pérez Viondi.

O alumnado de 3° da ESO, participante o curso pasado 2021/2022 no proxecto interdisciplinar dos departamentos de matemáticas, tecnoloxía e educación física, centrado nas bebidas enerxéticas, trasladou os resultados do noso IES ao alumnado dos CEIPs para concienciar sobre a importancia de retrasar a idade de inicio de consumo deste tipo de bebidas.
O proxecto iniciado o curso pasado, no marco do Contrato Programa de innovación EDUSaúde, detectou unha alarmante tendencia ao consumo precoz de bebidas enerxéticas no noso alumnado, polo que decidimos colaborar cos centros de primaria da contorna na labor de educar na promoción de estilos de vida saudables e tentar evitar o consumo deste tipo de bebidas.
Agradecer a boa acollida do alumnado e profesorado destes centros, valorando moi positivamente o traballo dos rapaces e rapazas que se animaron a facer estas exposicións.

Día da EF na Rúa na Estrada

O alumnado de 2° da ESO participou da actividade organizada polo departamento de EF, conxuntamente con resto de centros escolares do Concello, dentro da Agrupación Deportiva Escolar da Estrada e coa colaboracion do Servizo de Deportes do Concello.
Esta convocatoria do COLEF, para dar visibilidade á materia de EF e reivindicar a necesidade dunha terceira hora no currículo para esta materia, foi un éxito, contando con 400 participantes que  xogaron nas rúas da nosa vila ao longo da mañá.
Recóllese a nova na prensa, ocupando ás portadas da prensa local:
Faro de Vigo                       La Voz de Galicia 
                        

Recollendo o premio deporte galego 2019-2022 en Ribeira

O luns 20 de marzo en Ribeira, as profesoras de Educación Física Alejandra Pérez e Norma Pillado, acompañadas da vicedirectora, Patricia Pérez, e da directora, Ana Fernández, recolleron o premio Galicia Saudable, ao centro como entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. 

Premios deporte galego 2019 - 2022

O noso centro recibirá o luns 20 de Marzo  o  Premio Galicia Saudable, por ser unha entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. O noso agradecemento ás profesoras de Educación Física, Alejandra e Norma, polo seu traballo, e a todo o profesorado que nestos anos se animou a saír cos rapaces nas gardas activas e a participar nos seus proxectos.

Taekwondo no MGB

Varios alumnos de MGB practican artes marciales nas bases de taekwondo. Para máis información sobre o deporte e sobre os seus participantes clica aquí.

 

 

taekwondo

Taekwondo

Do I.E.S Manuel Garcia Barros participan neste deporte: 

 Tony Agra (3ºESO)  Carla (2ºESO)
 Lara (2ºESO)  Rubén (3ºESO)
 Jesús (1ºBACH)  Samuel (1ºESO)

 

 

Practícano no ximnasio Koryo. Entrenan os martes e xoves dúas horas á semana.

O 15 de Xuño teñen unha competición en Pontevedra.

 

 

 

Futbol "Clube deportivo Estradense F.S."

O Clube de fubol da Estradense F.S. ten unha categoria inferior, que son os xuvenis que xogan na Primeira categoria autonómica xuvenil grupo 7. Neste equipo militan moitos ex-alumnos e alumnos do I.E.S. Manuel Garcia Barros. A continuación veremos as fotos dos xogadores e dos adestradores. 

Adestrador:Pitu

Delegado:Lucho

Plantilla:

Mikel

-Exalumno

Galego

-Exalumno

Morcillo

-Exalumno

Carlos

-Exalumno

Toni Lamiños

 

Tito

-Exalumno

Dario

 

Melenas

 

Botana

-Exalumno

Oscar Varela

-Exalumno

Coke

 

Gonzalo

-Exalumno

Troitiño

 

Alberto

-Exalumno

Fabio

-Exalumno

Sada

 

Marcos

-Exalumno

Diego

-Exalumno

Farruco

-2º bach

Javier

-Exalumno

Yupe

-Exalumno

Luismi

 

   
Distribuir contido