Premios

Diplomas

Premer aquí para ver unha presentación de varios Diplomas outorgados ao centro.

Pedigree: Finalista Autonómico do Premio a Acción Maxistral

Dende a Oficina Técnica do "Premio a la Acción Magistral" comunicouselle o Taller de Creación Artística do MGB que o seu traballo Pedigree é un dos finalistas na Categoría B-Educación Secundaria na fase da Evaluación Autonómica de Galicia. Esto significa que se elevará a Comisión de Evaluación Estatal como proxecto recomendado.

Premios ESO

No Diario Oficial de Galicia do 13 de agosto publicouse a convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e superación persoal (ver as bases) e os premios extraordinarios ao rendemento académico (bases) correspondentes ao curso académico 2011/2012.

Novo premio para Animais Artificiais

O traballo Animais Artificiais do Taller de Creación Artística do MGB gaña un accésit á mellor banda sonora no II Certame Audivisual Escolar do IES Monte Carrasco de Cangas. A banda sonora foi gravada pol@s alumn@s coa colaboración de Paty Rodríguez e Arturo Vizcarra á voz, e baixo a dirección de Miguel Carbajal.

"Azul", gañador do II Certame Audiovisual Escolar

O documental Azul sobre a visita ao Centro de dous reclusos do programa ANOCA (aprender no cárcere), realizado polos alumnos de TICS de 1º de Bacharelato e coprotagonizado polos alumnos de Cidadanía de 2º da ESO, foi galardoado co primeiro premio ao Mellor Audiovisual Didáctico, no II Certame Audiovisual Escolar do IES Montecarrasco de Cangas.

Captura de pantalla 2012-06-20 a las 09.48.10.png

Guillermo Fernández Álvarez recolle o premio ASPAMITE

O alumno de 1º ESO B do noso centro, Guillermo Fernández Álvarez, recolleu o sábado día 9 de xuño no Hotel Congreso de Teo, o premio obtido no X Concurso de contos "Que é un discapacitado para ti?" da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Teo (ASPAMITE). Para ler a noticia publicada no Correo Galego preme aquí e para ver a galería de imaxes do evento aquí.

Premio ASPAMITE

O alumno Guillermo Fernández Álvarez de 1º ESO B acadou o primeiro premio de secundaria no X Concurso de Contos da Asociación de Pais de Persoas con discapacidade intelectual de Teo. Noraboa. Premendo aquí accedese a comunicación do premio ao Centro.

Parabéns polo premio ONCE

O Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez remitiu unha felicitación ao centro polo Premio no Concurso da ONCE.

Premer aquí para vela carta.

Entrega do premio ONCE a 1º ESO C

O vindeiro luns 21 de maio as 12:25 horas na Sala de Usos múltiples do centro terá lugar o acto oficial de entrega do premio ONCE aos alumnos do grupo de 1º ESO C.

Estades todos invitados.

1ºESO-C gañador da fase autonómica dos Premios ONCE

O grupo 1º de ESO C foi o GAÑADOR da Categoría B na fase autonómica do Concurso escolar ONCE. Pasan directamente a participar na Fase Nacional. Noraboa aos alumnos e a súa titora Marisa Otero.

Captura de pantalla 2012-05-11 a las 11.24.08.png

Alumnos de 2º da ESO gañan o 1º Premio na fase autonómica de Consumópolis

O equipo “Los Batmans”, formado por Uxía Prado, Adrián Rey, Carlota Pereiras, Miguel Valiño e Ángel Sanmartín, de 2º de ESO, acadou o 1º Premio, na categoria do primeiro ciclo de ESO, fase autonómica de Consumópolis, concurso sobre consumo responsable e calidade de vida, co traballo: “Conserva el ticket, conserva tus derechos”.
Ademais, como clasificados no primeiro posto da súa categoría, representarán a Galicia na fase estatal do concurso.

Parabéns!!

cartel_consumopolis.jpg

Premios Typerwriter para dúas alumnas

Premendo aquí, accederán a información publicada no xornal Terras de Santiago sobre os premios Typerwriter de relatos curtos obtidos por dúas alumnas do noso Centro.

Noraboa para elas.

Dúas alumnas do MGB premiadas do concurso de relatos breves TYPEWRITER

O pasado 16 de febreiro, na cidade da Cultura, entregáronse os premios do concurso de relatos breves TYPEWRITER convocados por esta entidade. Na categoría infantil, o xurado proclamou gañadora a Mariña Pena Blanco, polo seu relato Memorias dunha máquina de escribir. Mentres, o segundo premio recaeu en María Villamor López coa historia titulada A princesa da Lúa. Parabéns para as dúas.

A Voz de Galicia e NoticiasDiarias.net recolleron a noticia.

O conselleiro de educación gaba o esforzo dos premios extraordinarios de Bacharelato 2010/2011

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, gabou o pasado mércores  o esforzo dos 38 estudantes galardoados cos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011, entre os que se atopaban Marta Rodríguez Castro e Cristian Carbajales Neira, alumnos do MGB. Máis información.

Captura de pantalla 2012-02-26 a las 12.31.06bis.png

Premios Extraordinarios de Bacharelato

O vindeiro mércores 22 de febreiro, ás 11:00 horas, terá lugar na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o acto de entrega dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011.

Os nosos alumnos, Cristian Carbajales Neira e Marta Rodríguez Castro, fixéronse merecedores dun deles entre un total de 20 en toda a comunidade autónoma.

Distribuir contido