Lexislación

Lexislación de interese para o profesorado

Estrutura da Consellería de Educación

DECRETO 230/2011, do 7 de decembro, polo que se modifica o Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e ordenación Universitaria.

Avaliación de diagnóstico, curso 2011-2012

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2011-2012.

Concurso de Traslados

ORDE do 3 de novembro de 2011 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Premios ESO: tribunal e probas

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010-2011, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

Proxectos Dinamización Lingüística

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2011 pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2011-2012.

Convivencia e Participación da Comunidade Educativa

LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

Premios ESO esforzo

ORDE do 15 de xullo de 2011 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2010-2011.

Regulación Xornada Traballo Persoal Docente

ORDE do 20 de xuño de 2011 pola que se aproba o obxecto, contido e ámbito de actuación do Plan de inspección da seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

Probas Libres Títulos Extinguidos

ORDE do 17 de xuño de 2011 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Instrucións Premios Extraordinarios Bacharelato

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011 e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

Resolución definitiva Concurso de traslados

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes pláticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Licenza por estudos

ORDE do 18 de maio de 2011 pola que se convocan licenzas por estudos para o curso 2011-2012 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

Regulación algúns aspectos bacharelato

ORDE do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa.

Adquisición libros 1º e 3º ESO

ORDE do 13 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

Adquisición libros 2º e 4º ESO

ORDE do 16 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 3.º e 4.º de educación primaria e en 2.º e 4.º de educación secundaria obrigatoria.

Distribuir contido