Lexislación

Lexislación de interese para o profesorado

Reposición libros 2º e 4º ESO

ORDE do 18 de maio de 2011 pola que se convoca e regula o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares nos centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2011/2012, nos niveis de 3.º e 4.º de educación primaria e 2.º e 4.º de educación secundaria obrigatoria para as materias que non cambian de idioma, de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Calendario escolar 2011-2012

ORDE do 24 de maio de 2011 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Premios extraordinarios de bacharelato

ORDE do 6 de maio de 2011 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011.

Probas Graduado Escolar maiores de 18 anos

RESOLUCIÓN pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Corrección erros parámetros ponderación da PAU

Corrección de erros da ORDE pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP.

Parámetros de ponderación da PAU

ORDE pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP.

Acreditación en idiomas

Orde pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos.

Resolución provisional concurso de traslados

Resolución pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre profesores de ensino secundario e outros corpos docentes.

Programa Inmersión Lingüística Outono 2º Eso

Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas destinadas a alumnos de Sexto curso de Educación Primaria e Segundo curso da ESO para o desenvolvemento dun Programa de "Inmersión Lingüística" durante o outono de 2011.

Beneficiarios reintegros por gastos en actividades de formación

Resolución do 7 de marzo de 2011 publicada no DOG do xoves 14 de abril de 2011, pola que se fai pública a relación de beneficiarios de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2010.

Axudas Agrupacións Centros Educativos

Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional pola que se convocan axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns.

Programa PALE

Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de programas formativos relativos ao programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras e a outras actividades de formación, para a mellora da competencia en linguas estranxeiras, para o ano 2011.

Plan de Mellora de Bibliotecas

Orde pola que se convoca o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

Probas Acceso Universidade

Orde pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais.

Axudas accidentes tráfico

Orde pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora.

Distribuir contido