Skip to Content

Encontro con Julio Abalde

O pasado 10 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato mantivo un encontro con Julio Abalde, profesor de Lingua e Castelá e Literatura, para falar sobre "Frankenstein". 

Unha sesión interesante, que nos achegou unha nova ollada á obra e que suscitou comentarios e preguntas ao final da mesma. 

Premios "Sinfonías da mañá"

As gañadoras da primeira convocatoria do premio "Sinfonía da mañá" organizado pola biblioteca escolar. Parabéns! 

Na páxina web do centro podedes atopar toda a información sobre o concurso

Encontro coa escritora Sonia Mirón

Sonia Mirón, autora de "Si tú me quieres", mantivo un encontro co alumnado de 2º ESO  para falar do seu novo libro "Mi corazón en una caja de zapatos".

 

Concerto de Uxía Senlle

O pasado 3 de maio contamos no noso centro coa extraordinaria voz da cantante galega Uxia Senlle, unha das grandes embaixadoras musicais da cultura galega no mundo da lusofonía. Xunto co guitarrista brasileiro Sergio Tannus, Uxia fixo un percorrido polo seu máis recente repertorio, incluído no album "A palabra cantada". Uxía falounos sobre as cantigas de amigo, a importancia das mulleres na tradición oral, algúns dos nosos poetas máis relevantes (Rosalía, Curros Enríquez, Manuel María, Uxío Novoneyra...) e a conexión da cultura galega co eido lusófono. No remate do concertocantamos todos con Uxía algunhas cancións galegas e portuguesas. 

 

 

 

 

Día Mundial do Libro 2019

En Biblioribeira esta é a Semana do Libro, chea de actividades para participar activamente e celebrar unha data tan importante para a comunidade educativa. Ao longo destes días daremos conta con imaxes. 

Para conmemorar o Día Mundial do Libro a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase un díptico cun fermoso poema de Marilar Aleixandre, toda a información no blog de Bibliotecas Escolares de Galicia 

 

 

Lectura continuada na que participa todo o alumnado do centro. 

 

Obradoiro de microrrelatos "Imaxes que contan historias" 

 

 

Obradoiro de Haikus "Lendo a Natureza" 

 

Apadriñamento lector en colaboración co CEIP Antonio Palacios. Podedes atopar máis información no blog dos clubs de lectura

 

E tampouco podía faltar o teatro para o alumnado do centro coa representación 

 

 Para rematar só queremos desexarvos un Feliz día e Semana do Libro!

 

Aquí o novo número da revista escolar "Cadernos de Teatro" 

 

 

 

5º Concurso Xuvenil de Microrrelatos da Rede de Escolas de Amnistía Internacional

Parabéns ao alumnado do noso centro que participou no 5º Concurso Xuvenil da Rede de Escolas de Amnistía Internacional
 
Lucía Collazo Álvarez (4º ESO A), María Fernández Álvarez (1º Bach. B) e Andrea Fernández Lorenzo (1º Bach. A) foron finalistas no 6º concurso de microrrelatos.
David Rodríguez Conde (1º Bach. A) gañou o premio do público.
 
 
 
 
David, gañador do premio do público, recibindo o agasallo de mans da profesora Virginia Calviño.
 
 
 
As tres finalistas xunto a escritora Loli Beloso, que interviu no acto e fixo entrega dos premios.
 

 

Día da poesía

Hoxe a poesía estará moi presente nas aulas do noso centro, a proposta consiste en comezar cada sesión coa lectura dun poema ou cunha versión musicada.

 

Ademáis tedes un punto lector con recomendacións lectoras!

 

 

No blog de Bibliotecas Escolares de Galicia  atoparedes máis información se queredes saber como celebran o día noutros centros da nosa comunidade. 

 

Mensaxeir@s dos clubs de lectura repartiron poemas-agasallo a todo o alumnado.

 

8 de marzo 2019

 Estes son os resumos das actividades en torno ao 8M: punto lector, representación teatral, concurso de igualdade. 

 

 

 

 

 

Día da Paz 2019

Poemas de creación propia do alumnado con desexos de paz: Daniel Rodríguez Machado 4º ESO, Jessica N. Cardozo Paredes 1º ESO, Yasmine Fernández Carrera 1º ESO, Marta Estévez Alonso 1º ESO, Yaiza Peralejo Pereiro 1º ESO.

Tamén houbo un obradoiro de papiroflexia e unha actividade artística efímera con materiais de reciclaxe. 

 

 

 

 

 



by Dr. Radut