Skip to Content

Mércores, 25 novembro. Vídeo Día internacional contra a violencia de xénero.

Chegamos xa ao último día desta semana conmemorativa cun vídeo no que o alumnado de Artes Escénicas e Danza (4º ESO C) dramatiza o poema "Xan" de Rosalía de Castro no que se ironiza sobre a explotación da muller que traballa dentro e fóra da casa. Na cultura popular, "Xan" é un termo pexorativo para referírmonos a un home que se deixa manipular. Pero como di a poeta: "cando un busca un Xan, case sempre atopa un Pedro".

https://www.youtube.com/watch?v=fJW6sH9qvFY

Grazas a tod@s, profesorado e alumnado, pola vosa colaboración.

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Martes, 24 novembro. Vídeo Día internacional contra a violencia de xénero.

Xa case estamos chegando ao final desta semana conmemorativa. Hoxe queremos facervos chegar un vídeo que fala sobre outras formas violencia.

https://www.youtube.com/watch?v=jePK_eBGY2k

Ademais, na seguinte ligazón podedes ver os carteis participantes na I Certame de Deseño de Cartel Conmemorativo.

MOÍTISIMAS GRAZAS A TOD@S POLO VOSO TRABALLO E NORABOA AOS FINALISTAS E AO CARTEL GAÑADOR!

https://www.youtube.com/watch?v=0RvjNMd7UKA&t=1s

 

Luns, 23 novembro. Vídeo Día internacional contra a violencia de xénero.

Hoxe toca analizar a letra dunha canción de Maluma e comparala coa réplica da cantante Beatriz Luengo.

A letra da primeira canción atoparédela atopar no seguinte enlace:

https://genius.com/Maluma-hawai-lyrics

E aquí podedes ver a réplica:

https://www.tokyvideo.com/es/video/beatriz-luengo-hawai-video-oficial

25 Novembro. Día internacional contra a violencia de xénero. Recomendacións.

 

 

 

Estes son algúns dos libros e películas que temos na nosa biblioteca nos que aparece dunha forma ou doutra a violencia de xénero:

LIBROS

- El color púrpura (Alice Walker)

- El cuento de la criada (Margaret Atwood)

- Mil soles espléndidos (Khaled Hosseini)

- La fiesta del chivo (M. Vargas Llosa)

- Los hombres que no amaban a las mujeres (Stieg Larsson)

- Íbamos a ser reinas (Nuria Varela)

- Nada (Carmen Laforet)

- Eso no es amor (Marina Marroquí)

- Si es amor, no duele (Iván Larreynaga)

- Cuéntalo (Laurie Halse Anderson) (cómic)

PELÍCULAS

- 12 años de esclavitud

- El color púrpura

- En tierra de hombres

- La verdad de Soraya M.

- La teta asustada

- Madame Brouette

- Millenium. Los hombres que no amaban a las mujeres

- Solo mía

- Te doy mis ojos

- Tomates verdes fritos

- Thelma y Louise

- Tres anuncios en las afueras

Outras lecturas recomendadas:

- Perdida en la estación (Laura Ruiz Urbán)

- La mujer de verde (Arnaldur Indridason)

- Cárdeno adorno (Katharina Winkler)

- La segunda mujer (Luisa Castro)

- La quinta mujer (Henning Mankell)

- Mi marido me pega lo normal (Miguel Lorente)

- Algún amor que no mate (Dulce Chacón)

- No sin mi hija (Betty Mahmoody)

- El diario azul de Carlota (Gemma Lienas)

Outras películas recomendadas:

- Durmiendo con su enemigo

- No sin mi hija

- Nunca más

- Solas

Moi recomendable tamén a reciente serie “Creedme”.

Venres, 20 novembro. Vídeo Día internacional contra a violencia de xénero.

Grazas ao vídeo de hoxe, centrarémonos en mulleres relevantes que pasaron desapercibidas para a sociedade.

https://www.youtube.com/watch?v=Tg2zvuktw_k

 

Xoves, 19 novembro. Vídeo Día internacional contra a violencia de xénero.

Hoxe o alumnado de Oratoria lerá en directo un manifesto a modo de denuncia das violencias que as mulleres padecemos polo feito de pertencermos ao noso xénero.

Pinchade primeiro do seguinte enlace. Logo, pinchade en "Unirse a unha reunión o creearla". O código da reunión é: Proba Oratoria.

 
 

Mércores, 18 novembro. Vídeo Día internacional contra a violencia de xénero.

Comenzamos a semana de conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero co seguinte vídeo e posterior reflexión sobre o mesmo.

¿Qué es la igualdad de género?

GAÑADORES TRIVIAL BIBLIORIBEIRA

O equipo de Biblioribeira quere agredecervos a vosa participación no noso Trivial co gallo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas e darlle a noraboa ás dúas gañadoras deste ano, Noa T. (1º ESO B) e Ángela G. (1º Bacharelato B), as cales recibirán cadanseu cheque por valor de 15€ para trocar por libros na Libraría Paz do Porriño.

 

Velaquí as respostas ao noso Trivial:

  1. Cal é o nome da famosa librería da cidade do Porto que ten sona pola relación que garda con Harry Potter e a súa creadora, JK Rowling? Lello.
  2. A biblioteca municipal do Porriño forma parte dun edificio que se chama… Centro cultural municipal.
  3. Recoñecida coma a librería máis antiga do mundo, a Librería Bertrand está na cidade de... Lisboa.
  4. O edificio do centro da imaxe é parte dunha famosa biblioteca inglesa (a Bodleian Library). En que cidade a podemos atopar? Oxford.
  5. Que se decide facer con moitos libros de cabalaría no capítulo 6 do Quixote? Queimalos.
  6. Unha biblioteca é un lugar onde se conservan e se len libros. O lugar onde se gardan xornais e revistas é unha: hemeroteca.
  7. A biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela está localizada no... Pazo de Fonseca.
  8. Outra de Harry Potter: As escenas da biblioteca de Hogwarts e do gran comedor foron rodadas en edificios da universidade de que cidade inglesa? Oxford.
  9. As etiquetas que van pegadas no lombo dos libros da nosa biblioteca conteñen a seguinte información: Nome do/a autor/a, título e tipo de libro (xénero literario, se é de ciencias, historia, arte...).
  10. Na biblioteca do Palacio de Mafra e na da Universidade de Coimbra habitan uns animais que "colaboran" na conservación dos libros antigos alimentándose doutros animais (insectos, sobre todo) que poden deterioralos. Estes animais son: morcegos.



Samaín. Lectura en vivo.

O pasado martes 27 de outubro tivo lugar na biblioteca do noso centro unha lectura en vivo de contos de terror para celebrar o Samaín. O alumnado do club de lectura de 1º ESO D leu os textos e o equipo da biblioteca organizou a actividade.

GRAZAS a todos/as pola súa participación.

 

As bolsas viaxeiras da nosa biblioteca xa comezan a moverse!

Este curso o alumnado de 1º ESO poderá desfrutar da nosa particualr versión das "mochilas viaxeiras". 

O Equipo Biblioribeira prepara unhas lixeiras bolsas que se adaptan ao gusto e o interese do alumnado, aínda que sempre tentando ampliar horizontes culturais.

Esperamos que vos gusten!



by Dr. Radut