Skip to Content

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Venres, 23 de abril (5ªe 6ªHORA): PELÍCULA,MÚSICA E MONÓLOGOS

 

PELÍCULA

- Clásicos en pandemia: A PELÍCULA. O punto de partida deste traballo que hoxe vos ofrecemos, xorde dunha reflexión: que tería sido dos grandes clásicos da literatura universal de todos os tempos se pasaran por unha pandemia como a actual? 

A partires de aí, alumnado e profesorado traballaron arreo para crear esta “película” que hoxe temos o pracer de presentarvos en primicia mundial. Agardamos que a desfrutedes!

Duración: 1 hora

- Tomas falsas e canción final 

Duración: 4:23

 

MÚSICA

“Música para que leas”: cancións de animación á lectura.Traballo multidisciplinar (Clube de lectura e Dptos. de lingua inglesa e de música). 

- You can read for free, baseada en “Yellow Submarine” de The Beatles. Música, alumnado de 3º ESO; voz, alumnado 1º Bacharelato. 

Duración: 2 minutos 17.

- Every book you read, baseada en “Every Breath you take” de The Police. Música e voz, alumnado de 4º ESO. 

Duración: 3 minutos 37.

 

MONÓLOGOS

O alumnado de teatro, dirixido por Delio García, preparou uns monólogos variados.

- Monólogo de Shylock,interpretado polo alumno Nicolás Freiría Casal (1ºESO-A). Alegato antirracista incluído na obra O mercador de Venecia, de W. Shakespeare. Duración: 3 minutos.

- O moucho aburrido. Monólogo da alumna Miriam Vila Fernández (2º BACH.-B). Trátase dunha creación de Paula Carballeira na que se narra un fermoso conto de animais. 

Duración: 6 minutos.

- Contos para a hora da cama.Monólogo do alumno Samuel Barros Ferreira (2ºBACH.-B), a partir dunha creación de Quico Cadaval, na que se fai unha divertida e enxeñosa aproximación crítica ao conto tradicional. 

Duración: 10 minutos.

- Decameron, historias para tempos ruís. Monólogo do alumno Antonio García Torres (2º BACH.-A). É unha adaptación teatral de Cándido Pazó da obra narrativa de Giovanni Boccaccio. 

Duración: 12 minutos.

 

PROGRAMA

Aquí tedes o programa completo con ligazóns a material que pode resultar do voso interese para afondar en cada un dos textos traballados.

- Programa

NOVIDADES

Dende Biblioribeira queremos desexarvos unhas felices vacacións cunha escolma de novidades que xa está agardando por vós.

Felices lecturas!

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora en verbas da UNESCO unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a convivencia pacífica.

 

Aquí podes atopar o resto do videopoemas do noso alumnado.

 

RECOMENDACIÓNS 8 DE MARZO

Xa podedes atopar en Biblioribeira unha escolma de libros e películas vencellados ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

 

 

 

VISITA DE PAULA GÓMEZ GONZÁLEZ DO IES A BASELLA

O pasado día un de marzo tivemos unha sesión de docencia externa coa profesora Paula Gómez González, do IES A Basella, na que intercambiamos experiencias e que nos serviu de inspiración para a nosa actividade. 

Noraboa a todo o equipo de biblioteca do IES A Basella polo seu traballo!

ESCOLMA DE POEMAS

Co gallo do Día escolar da non violencia e paz, o alumnado de 3º ESO PMAR, 1º ESO A e C  elaborou uns poemas que queremos compartir con tod@s vós.

1º ESO A

1º ESO C

3º ESO PMAR

Noraboa por unhas composicións tan fermosas!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Neste vídeo recollemos as palabras coas que o noso alumnado quere conmemorar o 30 de xaneiro.

Día escolar da non violencia e a paz

Deixemos de imaxinar e fagámolo realidade!

RECOMENDACIÓNS DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Aquí tedes máis recomendacións relacionadas coa paz e a non violencia.

RECOMENDACIÓNS DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Xa podedes atopar na nosa biblioteca libros e películas relacionadas co 30 de xaneiro, data na que se conmemora o día escolar da non violencia e a paz.

 

GAÑADOR CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Velaquí o gañador desde ano do noso concurso de postais de Nadal. Noraboa, Raúl, e moitas grazas a tod@s pola vosa participación.

Felices festas a tod@s!

 

 



by Dr. Radut