Skip to Content

Recomendacións de Nadal

Calendario Biblio 2022

Calendario Biblio 2022: 12 voluntarias len a 12 autoras

12 alumnas pertencentes ao Voluntariado de biblioteca amosan as súas autoras favoritas. Deixámosvos as imaxes de xaneiro, febreiro, marzo e abril.

Boas festas e que este ano 2022 estea cheo de boas lecturas!

AdxuntoTamaño
Portada calendario.jpg38.64 KB
Xaneiro.jpg78.9 KB
Febreiro.jpg144.96 KB
Marzo.jpg184.86 KB
Abril.jpg75.5 KB

Entrega de Premio de relato curto

 

Hoxe, na Feira do Libro, entregamos os Premios de Relato curto de "Terror e misterio": unha cesta con produtos de Nadal e libros.

O gañador foi Mateo Pérez, de 1º da ESO,  Iria Gómez de 2º da ESO e Yovanna González de 1º de Bacharelato.

Noraboa!!!

 

 

 

Gañador e gañadoras do Premio de relato curto

Entrega do Premio de lemas contra a violencia de xénero

Sarai dos Anjos foi a gañadora do Concurso de lemas contra a Violencia de xénero.

"Somos mulleres, non títeres"

Na imaxe vemos a Sarai recollendo o Premio na Feira do libro

I Feira do Libro solidaria

Feita con libros de expurgo e doazóns de profesorado.

"1 libro=1 alimento" é o noso lema, todos os alimentos recollidos serán entregados ao banco de alimentos do Concello.

Todos os recreos está atendida polo noso alumnado voluntario da Biblioteca.

 

CONCURSO DE RELATO CURTO "Terror e misterio"

AdxuntoTamaño
DIPLOMA 1ª.pdf328.75 KB

O Samaín na BIBLIO

Así vivimos o Samaín na Biblio: moitas lecturas terroríficas!!!

EMPRÉSTITOS DE VERÁN

Chegamos xa ao final deste curso pero Biblioribeira quere seguir acompañándovos e por iso xa está aberto o servizo de préstamo de verán. Podedes levar ata tres libros e/ou DVDs que poderedes devolver en setembro.

Deixámosvos, ademais, unhas cantas novidades que esperamos sexan do voso agrado.

Bo verán e felices vacacións!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O equipo de Biblioribeira convídavos a coñecer a Xela Arias, homenaxeada no día das nosas letras, a través da súa obra, as súas traducións e outros traballos que versan sobre a autora.

Son conscientísima de que ao empregar

unha lingua minoritaria pecho portas:

que iso non me fará cambiar de idioma.

 

 

Camino Solidario 700

A  Asociación FRANGIL contra a leucemia puxo en marcha a semana pasada o Camino Solidario 700. 
 
Podedes ler o libro "Un regalo de vida", dispoñible na nosa biblioteca, e que recolle a experiencia vital do seu autor, David Gil, e do seu irmán Fran, diagnosticado de leucemia.
 
Moitas grazas, David, por contar con nós. Recibe tamén o noso ánimo e o noso apoio. 
 
Podedes saber máis desta iniciativa na seguinte páxina:
 


by Dr. Radut