Skip to Content

Poemas

O día 21 de marzo celebramos o día da poesía. Alumnado de distintas idades recitaron poemas no salón de actos para conmemorar a data.

Poemas en galego, portugués, inglés, castelán… foron os escollidos para facer desa tarde de martes unha tarde de poemas.

Trobar-dos

 

O pasado 7 de marzo o alumnado do IES Riberia do Louro poido ver o espectáculo "Mulleres poetas" de Trobar-dos.

 

Trátase dun espectáculo poético-musical que fai un percorrido pola poesía feminina de onte e de hoxe.

 

Aproveitando a data do 8 de marzo a biblioteca proxectou esta actividade para achegar voces femininas ao alumnado de 3ºESO.

 

Ademais houbo un segundo pase para o alumnado de nocturno e o club de lectura de adultos.

 

Marzo, marzal...

Este marzo vén cargado de actividades.

Febreiro

Febreiro viu cargado de efemérides e en Biblio Ribeira tivemos tempo para todas.

Primeiro quixemos visibilizar o día da Muller e a Nena na Ciencia. Sacamos libros do fondo da biblio para o expositor da entrada.

O día 13 celebramos o Día mundial da Radio cun programa especial en RadioRibeira.

Continuamos cos mandados da Meca. Este Entroido puxo o nivel alto e, coa música topamos! Luns de música clásica, martes folclórico, o mércores foi rockeiro e o xoves pediunos ir de guateque. Ademais o venres houbo concurso de disfraces e coplas. E o noso expositor tivo a ben ensinarnos libros sobre esta festa ancestral. E como non, o concurso semanal Pasapalabra fixo un especial Entroido.

Pero o mes de febreiro tamén é o mes de Rosalía de Castro. Finalizado o entroido compuxemos o noso expositor con obras de e sobre Rosalía de Castro. E como nos anos anteriores, a rapazada pasou tempo preparando as cancións para a ruada rosaliana. Desta volta cambiaron o itinerario tradicional. Primeiro cantaron no centro para o resto do alumnado o propio día 23 de febreiro. Ao día seguinte uníronse a unha celebración conxunta xunto con outros centros da vila e o concello. Cantaron no encontro celebrado o día 24 no centro da vila. E por último remataron as actividades sobre Rosalía cun recital no espazo da biblioteca. O alumnado da quenda de adultos tamén traballou na biblio a figura de Rosalía. E para rematar cos actos polo día de Rosalía repartíronse marcapáxinas elaborados para a ocasión

O mes de febreiro foi un non parar. Alumnado e profesorado traballaron arreo para conseguir que todas as actividades saísen adiante.

Castelao

 

Este mes de xaneiro co gallo do aniversario do nacemento de Castelao en 1886 adicamos o expositor da biblioteca á súa obra.

 

Recollemos títulos diversos da obra literaria e gráfica dun dos autores máis afamados da nosa terra. Ensaios, debuxos, contos... mesmo algún título doutros autores baseados na obra do rianxeiro.

 

Ademais a nosa radio escolar, "Radio Ribeira" , tamén adicou un dos seus programas á figura de Castelao. Nel falouse da importancia que tivo para a nosa historia. Político, escritor, ensaísta, debuxante...

 

II feira do libro solidaria

 

Xa van dúas edicións da nosa Feira do libro solidaria. Polo Nadal, na entrada do centro, colócanse libros de expurgo da biblioteca ademais dos donativos de profesorado e alumnado que quere colaborar. Mesmo empregamos este espazo para entregar os premios de microteatro do concurso organizado pola propia biblioteca.

 

En que consiste?

 

A nosa feira do libro non busca conseguir cartos, senón comida e produtos de primeira necesidade que despois son doados a institucións de beneficencia.

 

Este ano a feira volveu funcionar moi ben e conseguimos un bo lote de produtos para doar.

 

Como funciona?

 

As persoas que se achegan á nosa feira poden mercar os libros do seu interese empregando como moeda produtos de alimentación non perecedoiros ou produtos de hixiene para pequechos (cueiros, cremas...).

 

O alumnado voluntario da biblioteca foi o encargado de rexentar a feira.

 

Por que nestas datas?

 

Faise no Nadal porque a feira está aberta durante a recollida de notas por parte dos pais así que estes, e non só o alumnado, tamén poden mercar. Ademais sempre podemos mercar un libro para agasallar nestes días.

 

Recreos activos

A biblioteca é un espazo de lecer. Onde o noso alumnado pode gozar con distintas actividades lúdico-didácticas durante o recreo. Dispoñemos dunha aula de estudo para aqueles que precisen traballar ou estudar durante o recreo. Mentres o resto do alumnado dispón do espazo da biblioteca para poder ollar as novidades que nos chegan, buscar un libro que queren ler... e tamén pasalo ben coas actividades programadas dende a biblio.

Comezamos este trimestre cos luns de pasapalabra. Imitando o famoso rosco do programa televisivo do mesmo nome, os rapaces e rapazas compiten por ver quen completa o rosco. Ou quen consegue máis preguntas acertadas no tempo estipulado. A diversión está garantida durante os luns de pasapalabra.

Pero esta non é a única actividade que tempos, recreos de xogos, de contos, de música... Na entrada da biblioteca temos os horarios dos Recreos Activos.

 

25 de novembro

Durante o mes de novembro a nosa biblioteca uniuse á reinvindicación do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero. Colocamos na entrada da biblioteca libros cuxa temática está relacionada directa ou indirectamente coa violencia exercida contra as mulleres só polo feito de selo.

 

Ciencia na biblio

O mes de novembro é o mes da ciencia na Biblio. Quixemos visibilizar a ciencia na nosa biblioteca. Para logralo deseñamos distintas actividades que se desenvolverán no espazo da nosa biblioteca durante todo o mes.

Comezamos cos venres de cine científico. Todos os venres o alumnado poderá visionar pequenas pílulas de vídeos científicos, sobre matemáticas, bioloxía, física… Tras a proxección van ter un cuestionario kahoot sobre o tema que viron. Quen será a alumna ou alumno que máis respostas acertadas teña? Quen o consiga terá un premio final.

Os xoves son os días dos experimentos. A biblioteca converterase nun laboratorio para ofrecer ao alumnado distintos experimentos que nos fagan comprender mellor o que ocorren a diario ao noso arredor e que non nos decatamos. Comezamos coa refacción da luz nun elemento distinto ao aire. A auga no reflicte igual que o aire os raios de luz. Preparamos un experimento que nos demostra como cambia a percepción da luz e polo tanto das cores que vemos. Veremos tamén a razón de que o galo do tempo de Portugal cambie de cor dependendo do clima. E moitos experimentos máis.

Outubro, mes das escritoras

Co gallo do día das escritoras, 17 de outubro, na BiblioRibeira quixemos adicarlle todo o mes a autoras de todas as linguas impartidas no noso instituto:

Deste xeito, cada martes e venres, na Radio Ribeira, un alumno e unha alumna do voluntariado da biblioteca déronlle voz no dial a:

Nélida Piñón, escritora brasileira; Liv Strömquist, sueca; Noelia Cortés e Sara Mesa, españolas; Annie Ernaux, francesa; Ágota Kristóf, Húngara, aínda que escribía en francés; Mary Shelley e J.K. Rowling, inglesas, e Emma Pedreira e Ledicia Costas, galegas.

 



by Dr. Radut