Skip to Content

Top préstamos curso 2018/19

Dende a biblioteca estivemos comprobando os títulos máis prestados durante o pasado curso 2018/19. Sen ter en conta os libros de lectura obrigatoria dos departamentos de linguas, esta é lista de títulos por orde de préstamos:

Películas   Libros en Galego Libros en Castelán
Campeones Infamia La uruguaya
Wonder 22 segundos Del color de la leche
Carmen y Lola O corazón de Branca de Neve Puerto escondido 
  O último barco Un amor

                                  

 

 
 

Un Conto de Nadal

O pasado 17 de decembro de 2019 fíxose unha lectura colectiva no Salón de Actos co alumnado de 1º ESO coincidindo coa sesión semanal da hora de ler. Coa colaboración entre os Departamentos de Inglés e Música e a Biblioteca na selección e adaptación de textos e imaxes, ambientación musical, decorados e dirección, alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas fixo a lectura de "Un Conto de Nadal", de Charles Dickens e alumnado de 1º ESO  acompañou a lectura cantando panxoliñas de Nadal.

 

Suxestións de Lecturas para Nadal

Desde a biblioteca facemos as nosas suxestións de lectura para o vindeiro Nadal. Hai algunhas novidades deste trimestre e outros títulos ben coñecidos.

Animámosvos a que pasedes pola biblioteca para ver estes e outros libros de recente adquisición e escollades o que máis vos guste para estas vacacións.

 

 

Pincha na imaxe para acceder á presentación

AdxuntoTamaño
SUXESTIÓNS LECTURAS NADAL 2019-BIBLIOTECA RIBEIRA DO LOURO.pdf1.17 MB

Mochilas viaxeiras

Un curso máis dende a biblioteca poñemos a circular as mochilas viaxeiras: Unhas prácticas bolsas con pelis, libros ou música adaptada ao gusto do noso alumnado de 2ºESO.

Para poder elaboralas, pasamos unha enquisa na que eles plasman os seus gustos, despois dende o equipo de biblioteca personalizamos o contido de cada  bolsa. Agardamos que o disfruten.

 

 Claudia e Marta coas súas mochilas viaxeiras

 

Zaira e Iker con cadansúa mochila 

 

Semana da Ciencia 2019

Celebramos na entrada do noso instituto a Semana da Ciencia cunha exposición de libros, películas, xogos científicos e matemáticos. 

 


Esta é unha pequena mostra das actividades desenvoltas durante os recreos.

 

 

 

 

Día das mulleres escritoras

O pasado 14 de outubro foi o día das mulleres escritoras. Como contribución a esa celebración, durante estes días, ata mediados de novembro, faremos exposicións de libros de escritoras e de carteis sobre as mesmas, algunha gravación de video e outras actividades.

 

  

Algúns dos títulos seleccionados pola nosa biblioteca. Achégate a descubrilos!

 

 

 

 

Inicio da hora de ler

Comenzamos o novo curso 2019/20 e dende Biblioribeira xa estamos a preparar novas actividades de animación á lectura. 

Colle o teu libro preferido e sumérxete no apaisoado mundo da lectura cos teus compañeiros e compañeiras de clase. Consulta o arquivo adxunto co horario desta actividade. 

A desfrutar!

hora ler

 

 

AdxuntoTamaño
Calendario-Hora-de-ler-19-20.pdf22.33 KB

Suxestións de verán 2019

 

Aquí tedes a proposta deste curso para o verán, agardamos que as disfrutedes! 

Lembrade que o empréstito comeza o día 10 de xuño Guiño

AdxuntoTamaño
SUXESTIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN 2019.pdf530.68 KB

DÍA DAS LETRAS 2019

Para commemoras o Día das Letras, como cada ano, celebrouse o xogo De pista a pista, este ano arredor da figura de Antón Fraguas. Velaquí tedes as imaxes da actividade. 

 

Aquí podedes atopar máis información sobre as actividadaes noutros centros educativos na páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia. 

Exposición sobre diversidade

Ao longo destes días Biblioribeira acolle a exposición de foto-poemas sobre diversidade "Obxectivo visibilizando o autismo" organizada polo alumnado de Sociedade Inclusiva de 2º da ESO para a comunidade educativa. 

Tamén hai un punto lector sobre o mesmo tema cunha selección moi variada. 

Agardamos que vos guste. 

 



by Dr. Radut