Skip to Content

A biblioteca escolar, espazo para sensibilizar.

O 2 de abril commemóranse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Bibliotecas Escolares de Galicia impulsa o traballo nos centros baixo o lema "Medremos co libro!" do cartel conmemorativo o "escritor ruso Sergey Makhotin que fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan."

 

 


 

 

O día 2 de abril tamén é o Día Internacional de Conmemoración do Autismo, e dende o compromiso da biblioteca escolar coa diversidade das persoas, e para avanzar na concienciación entre a comunidade educativa, Biblioribeira acolle a exposición fotográfica "Visibilizando o autismo" seguindo a liña de traballo de Bibliotecas escolares de Galicia, que nos lembra que a biblioteca é 

 "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... pero é tamén un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía, cómic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura en todos os seus xéneros e temáticas.

"Visibilizando o autismo" é unha exposición de Paula Verde Francisco, creadora do proxecto A miña mirada faite grande en colaboración con Alto alto como unha montaña. 

Ademáis contaremos cun punto lector, colocaránse globos azuis e carteis informativos para poñer en valor a diversidade como un elemento enriquecedor. 

Aquí podedes atopar o prezi Recomend-ACCIÓNS: diversidade

 

Comeza o mes de abril, desfrutemos!

 

Muller 2017: representar para concienciar.

Como cada ano a biblioteca escolar commemora o día da Muller a través dunha serie de actos nos que participa a comunidade educativa. 

Biblioribeira, en coordinación co departamento de Filosofía e Normalización Lingüística, prepara unha actividade de representación de vidas de mulleres relevantes da historia. 

Ademáis de facer unha representación para o alumnado no salón de actos, as Mulleres da Historia fan un percorrido por diferentes grupos e falan sobre as súas vidas. 

 

Na biblioteca atoparedes un punto lector adicado á igualdade.

 

Para rematar, partillamos o video do IES Politécnico de Vigo "Eu son feminista", parabéns a todo o alumnado e ao profesorado!

Poesía coral, unha pomba e un desexo: Día da Paz 2017

Un ano máis Biblioribeira commemorou o día da Paz no que todo o alumnado do IES Ribeira do Louro participou acompañado polo profesorado: palabras, actos e símbolos de esperanza. Estos son os poemas de creación colectiva do alumnado de 1º de ESO que se leron para a ocasión coordinados por Raquel Castro: 

 

1ºESO A 

 

SÓ TRES LETRAS,

TRES LETRAS NADA MÁIS,

SÓ TRES LETRAS,

QUE PARA SEMPRE APRENDERÁS

SÓ TRES LETRAS PARA ESCRIBIR PAZ.

UN MUNDO SEN GUERRAS É MARABILLOSO,

DEIXEMOS ERGUER A POMBA,

FALEMOS DE SIRIA,

FALEMOS DE ALEPO,

FALEMOS DE NENOS,

FALEMOS DE MULLERES,

FALEMOS DE HOMES,

FALEMOS CO CORAZÓN,

NON FALEMOS DE GUERRAS,

NON FALEMOS DE PELEXAS,

O P, O A, O Z,

SÓ TRES LETRAS,

TRES LETRAS NADA MÁIS.

 

 

 

1º E.S.O.B

Escóitanos rapaz

hoxe é o día da paz:

 

Pola amizade que nos une

se todos a paz queixaramos.

 

Neste mundo de  dor,

sumido nas bágoas.

 

Cambiar armas por flores,

cambiar odios por amores.

 

Pola pomba branca

que brilla no ceo,

buscando rumbo

nun mundo cheo.

 

De guerras loitas e xeo.

 

Pola amizade que nos une,

se todos a paz queixaramos.

 

Cambiar armas por flores,

cambiar odios por amores.

 

Para ter tempos mellores 

 

 

                                                                                            1ºESO C

Non á guerra

 

``Non á guerra´´

a miña clase berra

fóra pelexas

loitas e envexas

 

Uns queren guerra

outros queren paz

Un día sen guerra

tiña que ser eterno

Mellor falar

que usar as patadas

``Non  á guerra´´

a miña clase berra

 

Non existen continentes

soamente unha raza

supostas relixións

só causan matanzas

``Non  á guerra´´

a miña clase berra

 

 

Deixa que a sombra

da branca pomba

oculte a oscuridade

da guerra que asombra

``Non  á guerra´´

a miña clase berra

 

O día da paz é alegría

O día da paz todos os días

``Non  á guerra´´

a miña clase berra

 

 

Finalizouse o acto botando unha pomba como símbolo do desexo da comunidade educativa dun mundo mellor. 

 

Coñecendo culturas: interculturalidade e Dereitos Humanos

Desta volta os protagonistas foron as alumnas e alumnos do programa de intercambio nun acto de presentación das súas culturas para 1º de Bacharelato: Albania, Serbia, Croacia e Bosnia-Herzegovina.

Dende Biblioribeira queremos promover o valor da interculturalidade e quere agradecer a coordinación do departamento de Filosofía e a colaboración dos departamentos de linguas (galego, castelán e inglés) así como ao profesorado dos ciclos de Administración e Finanzas e Comercio Internacional. 

Recomendacións de Nadal 2016

Hoxe partillamos coa comunidade educativa as recomendacións lectoras de Biblioribeira para este Nadal.

Agardamos que as desfrutedes.  

 

Ademáis podedes achegarvos á biblioteca e consultar alí as lecturas recomendadas no taboleiro que está xustiño enriba das equipas informáticas. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ciencia e lectura

O departamento de Física e Química en colaboración con Biblioribeira pon en marcha o establecemento dun "agasallo lector" ao mellor estudante do mes que consta dun certificado e un libro. Valórase  fundamentalmente a capacidade de traballo e o esforzo en relación á aprendizaxe realizada.

 

Recomend-ACCIÓNS: Día Internacional dos Dereitos das Persoas con (Dis-)CAPACIDADE.

O IES Ribeira do Louro participou nunha andaina convocada por ACEESCA para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade. A comunidade educativa estivo presente no acto central dunha semana organizada para sensibilizar á sociedade. 

En Biblioribeira somos conscientes, valoramos e agradecemos a organización de actos como este e queremos apoiar a iniciativa coa nova sección 

 

Recomend-ACCIÓNS, escollas que acompañan

accións educativas inclusivas. 

 

PREME NA IMAXE PARA COMEZAR A PRESENTACIÓN

 

 

 

 

 

Recomend-ACCIÓNS: Día Internacional da Eliminación da Violencia en contra da Muller

Como cada ano o 25 de Novembro a comunidade educativa de Torneiros sae á rúa para reivindicar o a eliminación da violencia en contra das mulleres. 

Dende a biblioteca escolar sumámonos a este acto co fin de visibilizar, concienciar e poñer o noso gran de area para erradicar a violencia. Biblioribeira vertebra o traballo dos diferentes departamentos para que o alumnado sexa quen de comunicar e pedir a través de poemas, música e mesmo dunha colcha tecida por moitas mans.

Moitas mans dos diferentes centros da comunidade educativa de Torneiros que se xuntan en cadea para pedir o fin da violencia en contra das mulleres. 

 Emoción, creatividade, compromiso.

A música pechou o acto.

 

Para rematar, deixámosvos as recomend-ACCIÓNS de Biblioribeira:

escollas que acompañan accións educativas igualitarias. 

 

Preme na imaxe.  

 

Rematamos Outubro con lecturas terroríficas e comezamos Novembro, mes da ciencia en Biblioribeira

Estas son algunhas das imaxes do noso punto lector Ai que medo!  e da ambientación da biblioteca escolar durante a conmemoración do Samaín. 

E para rematar, como xa sabedes, Novembro adícase á ciencia en galego. Se queredes Ler ciencia en Biblioribeira, visitado o taboleiro en pinterest con recomendacións lectoras para este mes.

Bibliotecas Escolares de Galicia.

Club de lectura 16-17

Comezaron o seu camiño os diferentes grupos dos clubs de lectura en Biblioribeira e como xa sabedes hai unha grande afección pola literartura na nosa comunidade educativa.

Este ano como novidade o profesor e responsable de biblioteca Julio Abalde coordina un club de lectura para adultos

Boas lecturas a tod@s!



by Dr. Radut