Admisión FP dual. Listaxes definitivas de solicitudes. Convocatoria 2021

Publicación das listaxes definitivas de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2021-2022.

O período de selección polo centro educativo e a entidade colaboradora abrangue do día 8 ata as 12:00 horas do 14 de xullo de 2021.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión na seguinte ligazón.

Etiquetas: 
Tema: