Información Xeral

O C.E.I.P. Abelendo está situado no barrio de Abelendo de Moaña, nunha zona alta e de privilexiadas vistas de Moaña, da ría e da cidade de Vigo. Sérvenlle de marco un entorno rural, verde, espacioso e con vivendas unifamiliares. Empezou a súa andadura en setembro de 1983. 

Desde o centro, pretendemos que este ambiente agradable que nos rodea se repire tamén no interior. Con esta finalidade tratamos de potencia-los valores que fagan que este  colexio público camiñe hacia unha integración social e educativa dos alumnos-as e tendo como máximo obxectivo a súa formación integral como persoas.

 EQUIPAMENTO

- Superficie do recinto escolar : 6.000 m2

- Zonas de xardín e gran variedade de árbores.

- Horto escolar e invernadoiro.

- Parque infantil, pista polideportiva con gradas, patio cuberto , ximnasio.

- Aula de Plástica.

- Aula de Informática.

- Aula de idiomas con canón de vídeo.

- Aula de música con canón de video e pizarra dixital.

- Ordenadores en todas as aulas conectados a internet.

- Pizarras dixitais en Educación Infantil e Primaria.

- Biblioteca con canón de video.

 ASPECTOS XERAIS 

- Centro con xornada de 9:10 a 14:10 hs.-

- Servicio de comedor e transporte escolar.

- Lingua de aprendizaxe : castelán e galego, atendendo á normativa.

- Idiomas extranxeiros : Impartese inglés desde 3 anos.

- Sección bilingüe de Plástica en  4º  e 5º de Primaria.

- Pedagogía terapeutica

- Audición e linguaxe.

- Actividades extraescolares que se tratan de adaptar cada curso á demanda dos nenos-as

 

Back to top