Skip to Content

Blogues

Día do libro

Directrices sobre o uso das máscaras

 

PINCHA NO DOCUMENTO ADXUNTO OU NA IMAXE  PARA VER TODO O CONTIDO.

ADAPTACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR CURSO 2021-2022

Seguindo a nova lexislación educativa en materia de avaliación e promoción, dende o centro elaborouse unha adaptación da concreción curricular que entra en vigor xa neste curso 2021-2022. 

A continuación adxúntase o documento elaborado e aprobado polo claustro, documento que se explicará na reunión de familias do terceiro trimestre.

Espazo en familia

Ábrese o prazo de inscrición nos campamentos urbanos de conciliación familiar de Semana Santa

Mañá ábrese o prazo de inscrición nos campamentos urbanos de conciliación familiar de Semana Santa!

 

Dirixidos a nen@s nados entre 2010 e 2019, desenvolveranse os días 11, 12, 13 e 18 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e inclúen diferentes propostas de actividades lúdico-educativas.

https://vive.aspontes.org/as-pontes-abre-o-prazo-de-inscricion-nos-campa...

COMUNIDADO CONXUNTO

            

PODEDES VER O DOCUMENTO NO ARQUIVO ADXUNTO.

CONCURSO REFERENTES

PODEDES ATOPAR AS BASES NO ARQUIVO ADXUNTO.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022-23

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión en Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2022-2023 será do 1 ao 21 de marzo de 2022. Nos enlaces que veñen a continuación podedes atopar a información relativa ao proceso, así como os impresos de solicitude. Na secretaría do centro tamén se vos facilitarán os impresos e se vos dará a infomación que requirades. Así mesmo pódense obter os impresos e presentar a solicitude telemáticamente a través da aplicación Admisión alumnado na páxina da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal (para iso é necesario dispoñer dun certificado dixital ou da Chave 365).

A solicitude para 4º curso de Educación Infantil presentarase acompañada de documento que acredirte a idade do alumno/a solicitante (D.N.I. ou Libro de Familia). No resto dos cursos de Educación Infantil e Educación Primaria será necesario ademais un certificado de matrícula do centro no que cursan estudos no presente curso.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/
es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución
xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

Se fose necesaria a presentación doutra documentación (caso de haber máis solicitantes que prazas ofertadas) seríalles requerida ás familias no momento oportuno.

Tamén, para o caso dos alumnos/as que resulten admitidos, o centro porase en contacto coas familias para informarlles doutra documentación que deben presentar no momento de formalizar a matrícula.

Para calquera dúbida, poñédevos en contacto coa secretaría do colexio.

 

Se queredes ver o conto do noso amigo Roel para coñecernos mellor, pinchade na imaxe..


Documentos interesantes:

DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación. 

 Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión.

Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Impreso de solicitude de admisión.

Prazas vacantes dispoñibles.

Prazos do proceso de admisión no curso 2022-2023.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut