Skip to Content

Blogues

Rugby e teatro con Abrente

A Coordinadora de Anpas Abrente, como novidade e en colaboración con dúas entidades da nosa vila (Fendetestas e O Catre Teatro), oferta este ano a actividade de rugby e a de teatro. No documento adxunto poderedes atopar toda a información relaiconada coas actividades así como a solicitude de inscrición. 

CONCURSO DE CABAZAS ABRENTE

Se queres o documento da inscrición pincha no documento. adxunto.

ACTIVIDADES ABRENTE 2021-22

No arquivo adxunto tedes o documento para cubrir. Se queredes podedes  envialo ao correo da ANPA Medoñas. 

Curso 2021-22

INFORMACIÓN DE ABRENTE

 

 

Agradecemento

Moitas grazas á nosa amiga invisible polo agasallo e o recoñecemento ao persoal do centro. Hai que recoñer que o traballo e o esforzo é de toda a comunidade educativa. Bo verán.

Listado de libros e material para o curso 2021-22

Podedes consular no seguinte documento adxunto o listado de libros e materiais para o vindeiro curso escolar.

AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS DO CURSO 2021/2022

A presentación de solicitudes levarase a cabo no Rexistro Municipal (necesaria cita previa nos teléfonos 667129389 / 667129380) ou a través da sede electrónica.

O prazo para solicitar estas axudas remata o día 7 de xullo.

Pincha no arquivo adxunto para ver toda a información.

 

Solicitude de axudas de préstamo e adquisición de libros de texto e material escolar

 

       

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay 

No DOG  do 20/05/2021 publicouse  a orde do 6 de maio de 2021 pola que pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso 2021-2022.

 O fondo solidario de libros de texto (sistema de préstamo) afecta ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, xa que 5º e 6º utilizan os ordenadores de E-Dixgal.

 As axudas para adquirir libros de texto van dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

 As axudas para adquirir material escolar pode solicitalas todo o alumnado de Educación Primaria.

Para ter dereito a recibir as axudas de libros é necesario ter unha renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €. Para as axudas de material, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 6.000 €. Para determinar a renda per cápita sumaranase as casiñas 435 e 460 da declaración do IRPF  do ano 2019 e dividirase entre o número de membros da unidade familiar.

 Ao igual que o ano pasado, basta con cubrir un só impreso para todas as solicitudes e todos os irmáns admitidos no centro (agás os que a tramiten por via electrónica que deberán presentar unha solicitude por cada alumno/a).

 O prazo de entrega de solicitudes vai do 21 de maio ao 22 de xuño inclusive.

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexos I e II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén se poderán presentar de modo presencial no centro. Deberán vir acompañadas de fotocopias do libro de familia e de sentencia de divorcio (se é o caso).

 Podedes descargar o impreso de solicitude tamén no arquivo adxunto.

Máis información pinchando neste enlace.

 

INFORMACIÓN DO CONCELLO

Pincha nos documentos adxuntos para ver a información sobre os campamentos de conciliación para Semana Santa.

Distribuir contido


by Dr. Radut